Súa nai era filla do fundador da Voz de Galicia, Juan Fernández Latorre. Cursou estudios no instituto da Coruña e no Colexio de Santa Isabel de Madrid. En 1945 empezou os seus estudios de xornalismo, graduándose en 1949. En 1950 casa co tamén xornalista Felipe Fernández Armesto "Augusto Assía" e trasládanse a EE UU, onde permanecerán ata 1950.
En EE UU desempeñou o labor de correspondente de "La Voz de Galicia" e tamén enviaba crónicas ó xornal "Pueblo" e á revista "Semana". Entre os libros que publicou destacan: Galicia Feudal, Galaxia, 1970; Dos gallegos: Feijoo y Sarmiento, Moret, 1964; Verbas Galegas, Galaxia, 1973 (escrito en galego); Herminia, La Voz de Galicia, 1976; La otra cara de la luna (narración publicada en prensa durante a súa etapa americana); Los caminos sin camino; Historias de Nueva York; Los hijos cautivos de Breogán, Edicións do Castro, 1986 e Los liberales coruñeses, Concello da Coruña, 1996.