María J. Blanco Prieto


Categoría: Investigadora
Lugar de Nacemento: Pobra de Trives (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Naceu en París pero con un mes de idade, ven vivir a Castro de Pobra de Trives.

É Catedrática da Facultade de Farmacia e Nutrición da Universidade de Navarra.

É licenciada en farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora pola “Université de Paris-Sud”, Francia.

Tras o doutorado, realizou unha estadía postdoutoral de 3 anos no ETH (A Escola Politécnica Federal de Zúrich, Suiza).

 Obras realizadas

É autora de máis de 160 artigos en revistas científicas, 5 patentes, 21 capítulos en distintos libros especializados e máis de 240 comunicacións en congresos, moitas delas como poñente invitada. O seu índice H é de 60 e os seus traballos foron citados máis de 10.800 veces. Dirixiu ou dirixe 25 Teses Doutorais e foi investigadora principal de 37 proxectos. É experta para a Comisión Europea na área de nanomedicina e terapias avanzadas e evaluadora en diversos organismos nacionais e internacionais.

A súa investigación céntrase no desenvolvemento de nanomedicinas para o tratamento do cáncro (particularmente o cancro infantil), así como na rexeneración de texidos do corazón e do cerebro a través da enxeñería de texidos. As súas contribucións á investigación en entrega de fármacos foron recoñecidas con numerosos premios nacionais e internacionais.

Entre outros recoñecementos, é membro da Academia Nacional de Farmacia de Francia e da Academia de Galicia. Dende 2020 ata marzo de 2024, ocupou a presidencia da Sociedade Española de Farmacia Industrial e Galénica (SEFIG). En 2021 entra a formar parte do College of Fellows do American Institute of Medical and Biological Engineering (AIMBE), unha das asociacións máis importantes do sector da enxeñería biomédica con sede en Washington DC, en 2022 foi elixida membro da Academia Europea, e en marzo de 2024, ingresa na Academia de de Medicina de Francia. Dende xaneiro de 2023, ocupa a presidencia da Federación Europea de Ciencias Farmacéuticas (EUFEPS). De 2018 a 2022, foi xestora/colaboradora da área científica de xestión de Biomedicina na Axencia Estatal de Investigación (AEI), Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.