Marcial Valladares Núñez


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 1821 (†1903)
Lugar de Nacemento: Vilancosta - Berres - A Estrada (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Dereito en Santiago pero a partir de 1866 retirouse á súa aldea natal para dedicarse a actividades literarias e xornalísticas. Alí viviu coa súa irmá ata que morreu. Non casou

 Obras realizadas

Como poeta, escribiu poemas de carácter costumista como os titulados A miña aldea, A Fonte do Pico Sagro, Inés fiando, Quieta gesta. ¡Vaite cojo! e A castañeira en Santiago; poemas de tipo lírico-sentimental como Suidades, A... e Non vayas est' ano a Francia. Tamén escribiu epigramas, entre os que podemos destaca-los que comezan: Bebendo onde eu me atopaba, Pedíndolle a un labrador, Consultou con don Alejos, Coa vinagreira na man, Indo as uvas eu a ver e Pepiño rompe un cristal. Como novelista publicou Majina, ou a filla espúrea en 1880. É unha novela romántica que pode ser considerada como a primeira novela da literatura galega moderna aínda que a obra non está totalmente escrita en galego. En castelán escribiu as novelas Asela e Los tres expósitos. Destacou tamén como gramático e sobre todo como lexicógrafo. Escribiu un Diccionario Galego-Castelán que, aínda que tiña algunhas deficiencias, supuxo unha gran mellora sobre tódolos precedentes. Ademais colaborou con Machado Álvarez na súa colección de enigmas e adiviñas (1883) e tamén aportou refráns, receitas, contos populares, etc. para o tomo IV da Biblioteca de Tradicións Populares.