Manuel Vicente Cociña Vizoso


Categoría: Político e periodista
Data de Nacemento: 13 de febreiro de 1818 (†29 de abril de 1854)
Lugar de Nacemento: Celeiro - Viveiro (Lugo)
 Currículum

Realizou os seus primeiros estudios no Colexio da Natividade de Viveiro e máis tarde trasladouse a Santiago para estudiar Dereito e Filosofía. Manuel Cociña entregouse sobre todo á política e ó periodismo. En 1850 foi deputado polo seu pobo natal. En 1842 foi elixido presidente da Academia Literaria, pronunciando un discurso sobre A orixe da Escola Histórica e a súa influencia nas sociedades modernas. En 1843 fundou o periódico El Centinela de Galicia e en 1853 aparece en Madrid baixo a súa dirección o periódico El Oriente. Dado o carácter progresista deste periódico e a publicación de artigos críticos, foi suprimido por orde xudicial e os periodistas perseguidos, polo que Manuel Cociña tivo que fuxir a Córdoba.

 Obras realizadas

Ademais da súa actividade periodística e dos numerosos discursos que pronunciou, acabada a carreira de Filosofía e cursando o primeiro ano de Dereito, publica unha obra satírica titulada Un sueño en Estambul, en el año 1550. En 1841 publicou un libro titulado Lecciones críticas de la historia del derecho romano y español. Tamén escribiu a obra Reseña histórica de los últimos acontecimientos de Galicia (Madrid, 1846). Ademais escribiu o prólogo ás poesías de José Mª Posada e publicou en Santiago Las Leyes de España emancipadas.