Manuel Lagares Pérez


Categoría: Político e profesor
Data de Nacemento: 29 de agosto de 1947
Lugar de Nacemento: Betanzos (A Coruña)
 Currículum

Profesor de ESO no Instituto de Bacharelato “Francisco Aguiar” de Betanzos (en situación de excedencia especial por ser alcalde de Betanzos), con especialización en Matemáticas e Ciencias Naturais, realizados a través do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Director dos colexios públicos “Virxe da Cela” en Monfero e “Francisco Vales Villamarín” de Betanzos.

 Obras realizadas

Foi elixido concelleiro do Concello de Betanzos no ano 1983 e alcalde en 1985, sendo reelixido en 1987, 1991, 1995, 1999 e 2003. Coordinador provincial do PSOE durante os anos 1989 e 1990. Presidente da Federación de Concellos Galegos (FCG) no ano 1988 foi reelixido nos anos 1991 e 1995. Desde o ano 1996 é vicepresidente 1º da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Membro do “Consello Federal da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Forma parte da Comisión Nacional de Alcaldes para o V Centenario”, en representación de Galicia. É presidente de honor do Centro Betanzos de Bos Aires, membro da comisión executiva galega do PSG-PSOE, membro de honor de varias asociacións culturais e deportivas e forma parte de varias comisións e organismos representativos dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.