Estudiou o bacharelato na súa cidade natal e Dereito en Santiago de Compostela. En 1931 foi elixido concelleiro pola Coruña. Participou na confección do anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia e en 1933 saíu elixido deputado (Partido Republicano Galego) pola Coruña e en 1936 foi nomeado fiscal xeral da República. Durante o franquismo ocupou cargos destacados nos consellos de administración de varias empresas e sociedades galegas como o Banco do Noroeste e La Voz de Galicia. Tamén ocupou os cargos de decano do Colexio de Avogados da Coruña e presidente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. En 1977 foi elixido senador e nomeado presidente da comisión constitucional do Senado, en 1981 elixido deputado autonómico pola UCD e posteriormente senador por AP.