Manuel González González


Data de Nacemento: 25 de outubro de 1951
Lugar de Nacemento: Mazaricos (A Coruña)

Real Academia Galega
 Currículum

É catedrático de Filoloxía Románica pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago, da que foi vicedecano e na que ocupou diversos cargos académicos. Foi director dos Cursos de Lingua e Cultura Galegas para estranxeiros, organizados conxuntamente polo Instituto da Lingua Galega, a Real Academia Galega e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, desde o ano 1988 ata o 2007. Foi secretario da Real Academia Galega entre 2000 e 2009, da que é académico numerario desde o ano 1992, onde dirixiu os seminarios de sociolingüística e lexicografía ata o ano 2011 e da que é o actual tesoureiro.

Actualmente, é membro correspondente do Institut d’Estudis Catalans, director de Termigal (Servizo galego de terminoloxía técnico-científica) desde a súa constitución ata a actualidade e foi durante varios anos vicepresidente da AETER (Asociación española de terminología). Así mesmo, é coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades; foi Secretario do Instituto da Lingua Galega desde 1991 ata xuño de 1996; Presidente de Puntogal, asociación encargada de xestionar a solicitude dun dominio lingüístico-cultural galego en Internet; Director da revista Cadernos de Lingua, publicada pola Real Academia Galega; Membro do Comité de Redacción do Atlas Linguistique Roma. Ademais, Manuel Gonzálezforma parte tamén do Consello científico de prestixiosas revistas especializadas como Verba (da Universidade de Santiago), Journal of Portuguese Linguistics (da Universidade de Lisboa), Trabajos de Fonética Experimental(da Universitat de Barcelona), Dialectologia ?i fonetica (Bucarest, Romanía), Estudos de Lingüística Galega (Santiago), Euskera (Euskaltzaindia, Bilbo), Estudis Romanics (Institut d’Estudis Catalans, Barcelona), Lingue e idiomi d'Italia (Universidade de Lecce, Italia), Bollettino dell'Atlante Linguistico Italiano (Universidade de Torino, Italia)...

 Obras realizadas

Investigación e Publicacións:

O seu traballo de investigación oriéntase fundamentalmente nos ámbitos da dialectoloxía, lexicografía, sociolingüística, historia da lingua e fonética

2.1. No ámbito da xeografía lingüística e dialectoloxía, foi coautor do Atlas Lingüístico Galego (do que se publicaron ata este momento os cinco primeiros volumes, dedicados, respectivamente, a  morfoloxía verbal, morfoloxía non verbal, fonética e léxico do tempo e o corpo humano. Neste momento estanse preparando outros sete volumes de léxico. Tamén participou na redacción dos tres volumes xa publicados do Atlas Lingüistique Roman (Roma: Istituto Poligrafico dello Stato) e na redacción dos vindeiros volumes.

É autor doutros traballos como “Atlas prosódico galego”: Jornadas sobre métodos informáticos en el tratamiento de las lenguas ibéricas. Serie Cultura Hispánica 13. Tokio (Japón): 2008, 177-179, “Los estudios de dialectología gallega”: Jornadas sobre métodos informáticos en el tratamiento de las lenguas ibéricas. Serie Cultura Hispánica 13. Tokio (Japón): 2008, 74-76, “El Atlas Lingüístico Galego,un hito en la historia de la dialectología gallega”, en: Dorta, Josefa (ed.): Temas de dialectología. La Laguna (Tenerife): 2007, páxs. 95-12, “El Atlas lingüístico galego: planificación y desarrollo de los trabajos” Esperienze geolinguistiche. Percorsi di ricerca italiani e europei, Palermo: 2007, 11-24, “Il mestiere di geolinguista oggi”: Esperienze geolinguistiche. Percorsi di ricerca italiani e europei. Palermo: 2007, 207-´235, “Dialectoloxía e xeografía humana”, en Lingua e territorio,  Santiago 2006, 309-365, ”Sobre los métodos en la dialectología actual”, en : Els mètodes en dialectologia: continuitat o alternativa?. Barcelona: Institut d’Estudis Catalans: 2005, páxs. 93-102, “Nomes xenéricos para designar os apeiros de labranza en galego”, As tebras alumeadas. Estudos filolóxicos ofrecidos en homenaxe a Ramón Lorenzo. Santiago: 2005, 375-390, “O Atlas Linguistique Roman (ALiR). Unha visión persoal desde Galicia, A lingua galega: historia e actualidade, Santiago: 2004, 573-602, “Os tipos de xugo e os seus nomes no territorio de fala galega”: Boletín da Real Academia Galega 365, 2004, 135-170, “O mallo en Galicia”, en: Xaquín Lorenzo Fernández (Xocas). Día das Letras Galegas. Santiago: 2004, páxs. 73-107, “A lingua do cantigueiro popular da Limia Baixa” Congreso sobre Xaquín Lorenzo. Santiago: 2004, páxs.25-87, “Estudo xeolingüístico dos nomes do vagalume en galego”,Parole romanze. Scritti per Michel Contini, Alessandria (Italia): Edizioni dell’Orso, 2003, 177-201, "Estudio xeolingüístico dos nomes da píntega en galego", en.R. Álvarez e D. Vilavedra (coord.): Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero. Santiago de Compostela, 1999, 455-472, "Metodología de los atlas lingüísticos", Nazioarteko Dialectologia Biltzarra/ Congreso Internacional de dialectología, Bilbao, 20-25 outubro 1991, organizado por Euskaltzaindia/ Real Academia de la Lengua Vasca, "Synthèse romane de LUNDI et MARDI", Actes du Congrès International de l'Atlas Linguarum Europae, celebrado en Saint-Vincent (Valle d'Aosta - Italia), do 5 ó 8 de xuño de 1989, "Resultados do latín GINGIVA no territorio galego", Verba, 11 (1984), páxs. 65-100, "O Atlas Lingüístico Galego, un paso adiante nos estudios de Lingüística galega", Grial, 81 (1983), 267-286 e "L'atlas linguistique galicien", Géolinguistique, núm. 3, Université Stendhal, Grenoble III, 1987, 16-30.

No ámbito da lexicografía dirixiu o Diccionario da Real Academia Galega, (A Coruña, 1997), e na actualidade está dirixindo a nova edición do dicionario da Academia. Coordinou o Diccionario da Lingua Galega da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega (A Coruña, 1990). Codirixiu, xunto con Constantino García, o Diccionario Manual da Lingua Galega (coas súas correspondencias en castelán) (A Coruña: La Voz de Galicia, 1991) e o Dicionario castelán-galego da Real Academia Galega (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 2005). É coautor (en colaboración con A. Santamarina) do Vocabulario ortográfico da lingua galega (A Coruña. RAG, 2004), do Diccionario inverso da lingua galega (Santiago: ILG e RAG, 1990), e do Léxico de Matemáticas, física e química (Santiago: Xunta de Galicia, 1988). É autor do Vocabulario de telefonía y comunicaciones móviles castellano-galego, galego-castellano (Madrid: Universidad Antonio de Nebrija / Fundación Airtel, 1998) e da parte galega de diversos proxectos terminolóxicos realizados nas redes REALITER e LINMITER: Dicionario panrománico do márketing económico, Lexique panlatin du commerce électronique, Vocabulario multilingüe da Sida, Vocabulario panrománico da bicicleta… É coautor do Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. Santiago de compostela: Centro Ramón Piñeiro (Xunta de Galicia), 2010. É coordinador lingüístico do Dicionario xurídico galego. Vigo: ed. Xerais de Galicia, 2011. Dirixiu o equipo de investigación que elaborou Laverca. Diccionario de verbos galegos con voz sintetizada (Vigo: ed. Xerais, 1992), que obtivo o Premio da Crítica na modalidade de Investigación. Trátase dunha obra que contén, ao lado dun dicionario de verbos de tipo clásico, un programa informático de conxugación de verbos e de análise de formas verbais. Pero a súa principal innovación é que se trata do primeiro dicionario publicado na Península Ibérica que incorpora voz sintetizada.

É autor, entre outros, de traballos de lexicografía como "A terminoloxía dentro dos estudos de lexicografía galega”, en Mª. D. Sánchez Palomino (ed.): Lexicografía galega e portuguesa. Anexo deRevista de Lexicografía, 13, 2010, 9-31, “O novo dicionario da Real Academia Galega” en: E. González; A. Santamarina; X. Varela (eds.): A lexicografía galega moderna. Recursos e perspectivas, Santiago, 2008, 257-28, “Neologia de importaçao no português europeu: desafios e medidas a tomar”, en: Actas do XX Encontro Nacional da Associaçao Portuguesa de Lingüística,Lisboa, 2005, páxs. 33-54, “L’elaborazione di un nuovo Vocabolario della Real Academia Galega: entrate lessicali e fonti”, in: Beltrami: La lessicografia storica e i grandi dizionari delle lingue europee,Torino: edizioni dell’Orso (2001), “Dúas décadas de lexicografía galega (1980-2000)”, in C. Fernández (coord.): A lingua e a literatura galegas nos alicerces do terceiro rexurdimento (1976-2000) / La llengua i la literatura gallegues als inicis del Tercer Ressorgiment (1976-2000, Terrasa – Barcelona (1999), “A terminoloxia galega, un labor normalizador”, Verba, anexo 49, Santiago, p. 157-172, "Algunhas tarefas da lexicografía galega", discurso de Ingreso na Real Academia Galega, lido na sede da Academia, na Coruña, o día 7 de febreiro de 1992, "Unha mostra do tratamento da homonimia nos diccionarios galegos", Homenaxe a C. García, Univ. de Santiago, 1991, páxs. 199-213, "A estandarización do léxico no galego", Terceiro Congreso da Asociación de Estudios Galegos, City University of New York, 3-5 (outubro 1991), "Os traballos lexicográficos no Instituto da Lingua Galega", Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, t. VIII, pp. 771-786

No campo da sociolingüística e historia da lingua, participou na elaboración das Bases prá unificación das Normas Lingüísticas do Galego, e das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, publicadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega no 1982. Dirixiu a modificación do texto normativo levada a cabo no ano 1995, e no ano 2003 presidiu a Comisión para a reforma das Normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega, que deu como resultado a coñecida como Normativa de consenso. Foi o presidente da Comisión Técnica encargada de elaborar o Plan de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade polo Parlamento Galego en novembro do 2004. No ano 1994 substituíu a Guillermo Rojo na dirección do Mapa sociolingüístico de Galicia, patrocinado pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. No mesmo Seminario de lexicografía dirixiu distintos proxectos patrocinados pola Dirección Xeral XXII da Comisión Europea, así como os estudos O galego segundo a mocidade e a Actualización do Mapa sociolingüístico Galego.

É autor, entre outros, de traballos como “Gallaica lingua: Quo vadis?”, Cadernos de lingua, 32, 5-27 (2010), “The Galician Language: An Unfinished Task”, en Antonio Raúl de Toro Santos (ed.): Breogán’s Lighthouse. An Anthology of Galician Literature, London: Francis Boutle Publishers, 34-47 (2010), “O novo galego urbano”en Cada palabra pesaba, cada palabra medía. Homenaxe ó profesor Antón Santamarina. Santiago, 363-374 (2008), “Algunhas observacións sobre a evolución da lingua inicial en Galicia entre 1992 e 2004” en A mi dizen quantos amigos ey. Estudos filoloxicos en homenaxe a Xosé Luís Couceiro, Santiago, 469-478 (2008), "A defensa da lingua nunha institución centenaria (Real Academia Galega 2001-2007)”en A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández. Santiago-A Coruña, 1011-1026 (2008), "La proyección exterior de la lengua gallega”, Enciclopedia del español en el mundo. Madrid: Instituto Cervantes, Plaza y Janés, Círculo de Lectores, 441-444 (2006), “A investigación ao servizo da normalización da lingua galega” en Lingua e investigación. II Xornadas sobre Lingua e Usos, A Coruña, 147-163 (2006), “Ramón Piñeiro: o compromiso coa lingua”, Encontro Ramón Piñeiro, Santiago, páxs. 13-27 (2006), “A visión da ortografía galega de Couceiro Freijomil”, Simposio sobre Antonio Couceiro Freijomil, Santiago, 43-56 (2005), "The draft of measures to improve attitudes towards the Galician language and the extension of its use", Noves SL, Revista de sociolingüística. Barcelona, 1-52 (2003), Actas da VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias, Santiago de Compostela (2002), “Que características persoais determinan a percepción dos falantes galegos? Un estudio exploratorio conmatched-guise realizado sobre unha mostra de mozos galegos”, VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. Santiago, 479-488 (2002), "Modernidade e actualidade das ideas lingüísticas do Padre Sarmiento" en Congreso sobre Frei Martín Sarmiento. Santiago, 267-286 (2002), "A lingua galega: situación actual e perspectivas", Actas das Xornadas de Formación en lingua galega para os equipos de normalización lingüística dos centros educativos, Xunta de Galicia, 15-49 (1994), "El proceso de normativización de la lengua gallega", Revista de lengua y literatura catalana, gallega y vasca, vol. III, UNED, Madrid, 142-150 (1994), "Galegisch: Soziolinguistik / Sociolingüística", Lexikon der Romanistischen Linguistik, Max Niemeyer Verlag, Tübingen, VI,2, 46-66 (1992), "A lingua galega na encrucillada. Limiar da sección de lingua", Actas do Congreso Internacional da Cultura Galega, Xunta de Galicia, Santiago (1991), "Proxección internacional da lingua galega", comunicación presentada no Congreso Internacional da Cultura Galega (Sección de Lingua) organizado pola Xunta de Galicia, Santiago (22 ó 27 de outubro de 1990), Las lenguas románicas españolas tras la constitución de 1978, Granada: ediciones Tat (1988), "A situación do galego no ámbito legal", Xornadas sobre o galego exterior, Celanova (22 de decembro de 1989). Xunto con A. Santamarina dirixiu a Exposición sobre a historia da lingua galega, que se inaugurou en setembro de 1988, e que percorreu as distintas cidades de Galicia. É igualmente autor do Catálogo desta exposició, Xunta de Galicia, Santiago (1988), "La recuperación del gallego", Revista de Filología Románica, vol. III, Universidad Complutense de Madrid, 101-119 (1985)

Foi dos iniciadores dos estudos de fonética acústica en Galicia. Na actualidade centra as súas investigacións no campo das tecnoloxías da fala. Dirixiu, dentro do Centro “Ramón Piñeiro” para a investigación en Humanidades a elaboración do primeiro conversor texto-voz para o galego, en colaboración cun grupo de enxeñeiros de telecomunicacións da Universidade de Vigo.

É autor, entre outros, dos traballos: “Specific features of the Galician language and implications for speech tecnology development”: Speech Communication (Holanda: Elsevier), 50, 2008: 874- 887. Editor das Actas doIII Congreso Internacional de fonética experimental, Santiago, 2007. Editor das Actas doIII Congreso da Sociedade Española de Acústica Forense, Santiago (2007), “Achega á entoación dunha fala do centro de Galicia”: Géolinguistique. Hors serie número 3 (Projet AMPER), Grenoble (France): 2005, 87-102. “Seseo, un término poco adecuado para la descripción de la realidad plurisistemática de la lengua gallega”, en: Filología y lingüística. Estudios ofrecidos a Antonio Quilis,vol. 1 Madrid-Valladolid, 2005, 253-261. “A síntese de voz en lingua galega: o proxecto Cotovía”,Revista galega do Ensino, 44 (2004), 199-215. “El subsistema “arcaico” de las fricativas dentoalveolares del gallego, una reliquia en vías de extinción”.  Actas del II Congreso de fonética experimenta, Sevilla, 2002, 215-219. "Estudio acústico das vocais galegas" (en colaboración con X. L. Regueira), Actas do XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas, vol. VI, 1994, 141-180. "O n velar, ¿fonema ou alófono?", Proceedings of the 4th International Conference on Galician Studies, Oxford University, 1997, 291-308.
"Subsistemas de sibilantes no galego actual",Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes, Tome III, Université de Trèves (Trier) 1986, ed. Niemeyer, Tübingen, 1991, páxs. 531-548.

No ámbito da didáctica da lingua galega é coautor de Edigal. Galego 1,2,3,4. Primeiro método audiovisual para aprendizaxe da lingua galega (acompañado de tres cintas), Edigal, Santiago, 1985; da serie de libros Lingua Galega, 6º, 7º e 8º de E.X.B., da ed. Anaya, así como de Lingua Galega de 1º e 2º de B.U.P., da mesma editorial. No campo do español, é coautor dos libros de texto de de Lingua e Literatura Españolas Lengua 5 e Lengua 6, da Editorial Anaya.

 

Texto extraído da web da Real Academia Galega: www.realacademiagalega.org