Manuel Comellas Coimbra


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 30 de abril de 1853 (†3 de xuño de 1925)
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
 Currículum

Foi un dos fundadores de El Correo Gallego (1878) do que tamén foi director. Escritor, en galego e castelán, foi moi valorado na súa época nas numerosas publicacións periódicas de daquela. Formou parte moi activa no Rexurdimento galego.

 Obras realizadas

Participou en numerosos certames literarios nos que acadou numerosos premios, e era un habitual nos faladoiros de máis sona. A súa actividade cultural en Galicia foi intensa, constante e de gran calidade. A obra literaria é numerosa. Porén, como tal, en libro, nunca foi dada ao prelo. Podemos catalogala en dous bloques:

1)Poemas: odas, elexías e poemas de circunstancias e costumistas.

2)Teatro: Pilara ou Grandezas d'os humildes, fantasía dramática en tres partes, publicada en 1920. Non foi reimpresa desde entón. A súa estrea en Ferrol tivo un grande éxito.

Tamén foi fundador e profesor do Colexio Comellas de Ferrol (1877-1934). Nel estudaron, entre outros, Francisco Franco e Ricardo Carvalho Calero.

“Don Manuel Comellas Coimbra figura como autor dramático galego pola súa obra Pilara. Foi estreada no teatro Jofre de Ferrol o 23 de agosto de 1919, e novamente representada no mesmo teatro o 6 de setembro do mesmo ano. Imprentouse ao seguinte nos talleres de El Correo Gallego. É unha peza de ambiente mariñeiro, de desenrolo dramático, pero de desenlace fiz. Ten como segundo tíduo Grandezas dos humildes, i é evidente n-ela unha intención moral. O escritor non percuróu somente un fin artístico: quixo tamén dar unha lición de ética, e n-iste senso a súa obra cóntase antre as que constituien o teatro educativo. Contén unha apoloxía do carácter dos peixeiros e unha condenación do caciquismo. No primeiro aspeito o patrón Sidro e súa filla Isabel. A perseguizón da moza pol-o home da vila relaciónaa asimismo, co Lubicán, de Cotarelo”. (Carballo Calero R., Historia da literatura galega contemporánea, Galaxia, Vigo 1975, pp. 433-435).

“Alí acodimos os seus discípulos de entón, os seus discípulos de antano a escoitalo, silenzosos, no seu derradeiro viaxe”. Na lápida do seu fogar natal lese: “Bó ferrolán, bó periodista. Mestre de tres xeracións de estudantes”.

En Mandiá, na “Finca”, tiña árbores e plantas exóticas, importadas do Xapón e de moitos outros lugares. Era un excelente botánico. Chegou a ter unha grande fortuna. Utilizouna para causas benéficas e deixou parte da súa herdanza á Real Academia Galega. Foi condecorado pola Santa Sé, en 1901, polo papa León XIII. En 1905, publicou Catecismo Social, segundo as ensinanzas da Encíclica "RERUM Novarum" de León XIII. Era un fervente católico.

 Outros datos de interese

PREMIOS:

1877. Palma de Prata nos Xogos Florais da Coruña: A María Pita.

1882. Palma de Ouro nos Xogos Florais da Coruña: A Galicia (Nosa nai Galicia).

1888. Mellor artigo xornalístico.

1888: Imperio Industrial.

1892. Mellor artigo xornalístico.

1892: A Libertade.

1897. Premio Círculo Católico de Obreiros: El Cristo de Candás.

1899. Premio Círculo Católico de Obreiros: Doce Cantares Gallegos.

1899. Emprendedor social, premio Quevedo da Fundación Correo Gallego.

1900. Premio "Mellor poesía curta galega 1900": A Enfermidade.

1901. Premio "Home de confianza de S.S. León XIII": Catecismo Rerum Novarum. Según as normas de León XIII.

1909. Premio Honorífico da Real Academia Galega.

1919. Mellor obra teatral dramática de Galicia: Pilara, a grandeza dos humildes.

1930. Unha rúa de Ferrol Vello e o Centro de Saúde desa parte de Ferrol levan o seu nome.