Manuel Anxo Laxe Freire


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 12 de Decembro de 1944 (†18 de xaneiro de 2006)
Lugar de Nacemento: Duarría, Castro de Rei (Lugo)

Opinión
 Currículum

Naceu e criouse no seo dunha longa familia troncal chairega, na que se dan todo tipo de oficios e profesións. Este tipo de vida e cultura tradicional galega deixaríao marcado para toda a súa vida, especialmente, os relatos, cantares e moitas historias que a súa avoa lle transmitiu tras do lume. Estudiou o Bacharelato no Instituto Masculino de Lugo con profesores tan ilustres como D. Antonio Fraguas e D. Froilán López. Na mesma cidade cursou tamén a carreira de Maxisterio que remata ós 18 anos. Tocoulle servir na Infantería de Mariña na Base Naval Conxunta de Rota, o que lle permite coñecer a Mariña dos Estados Unidos e máis facer unha viaxe á Academia de West Point. De volta á vida civil traballou en diversas ocupacións. Ós 21 anos aprobou as oposicións de Maxisterio, que exerceu por distintas aldeas de Galicia. Ó tempo estudiaba por libre a carreira de Filosofía, licenciándose en Filoloxía Románica ós 26 anos e logo en Filoloxía Inglesa. Desde 1971 hasta 2006 foi profesor de Inglés no I. B. Masculino da Coruña.

 Obras realizadas

Autor de coplas festivas e sermóns populares, na súa mocidade, á parte dalgunha pequena peza de teatro de farsa que representou en locais culturais. Desde moi cedo empezou a publicar na prensa e en revistas especializadas artigos de carácter político, sociolóxico ou antropolóxico. Pasarían máis de 10 anos sen publicar nada ata 1986 que publica en Edicións Xerais a novela 'Loita e Morte', logo 'Semente de Onte' e finalmente 'Reserva activa'. Foi membro da Asociación de Tradutores. Autor de diversas traducións de clásicos ingleses e americanos, sendo nomeado en 1993, para o Premio Nacional de Tradución.

 Outros datos de interese

Foi columnista de opinión de "O Correo Galego" e publicou un libro de ensaio titulado Elementos Básicos do Saber Popular Galego.