Manuel Amor Meilán


Pseudónimo:Usou o seudónimo Manuel Molina Mera cando publicou unha serie de biografías en distintos xornais galegos.
Categoría: Periodista, escritor, historiador
Data de Nacemento: 31 de xaneiro de 1867 (†9 de decembro de 1933)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Foi fundador da Real Academia Galega e membro da Academia de Belas Artes de San Fernando, da Academia de Belas Artes de Barcelona, da Academia de Belas Artes e Ciencias de Toledo e da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Traballou como funcionario na Deputación Provincial de Lugo. Foi redactor do xornal El Regional, que logo dirixiu durante vinte anos. Tamén dirixiu o xornal La Provincia. Ademais, colaborou noutros xornais e publicacións como La Ilustración Artística, Revista de España, La Ilustración Ibérica...

 Obras realizadas

Manuel Amor Meilán amosou o bilingüismo de Galicia, expresándose tanto en galego como en castelán. Como poeta, publicou en castelán Pedro Madruga (1887), Dolores. (Álbum de mi hija) (1890), Floralba (1902), Cuentos y romances (1907) e Romances (1916). Como novelista, publicou Mendo de Maceda o los amores de un noble (1882), Justicias y crueldades (1883), Desde la honradez al crimen (1884), Amante, esclava y verdugo (1889), La Corona de fuego o el secreto de una tumba, Sol y sombra. Cuentos y paisajes (1893), El último hijodalgo (1893), La Cadena (1905), La Bella Cintia, Suriña e Carne de poetas (1913). En galego escribiu Xuana e Os fillos da praya. Como dramaturgo, publicou El regreso e El corazón y la ley (1897), Sísifo, Las alas rotas, Robo sin fractura, De la corte al cortijo, Floridor, Men Rodríguez Tenorio, In articulo mortis, La vida en Lugo. Ademais tratou a historia de Galicia nas monografías Gregorio Hernández (El Murillo de la escultura), La ofrenda y el entierro en Galicia en el teatro antiguo, Galicia y la nacionalidad española, Memoria crítico-bibliográfica sobre el teatro regional gallego, etc.