Mª del Mar Pereira Álvarez


Categoría: Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
Data de Nacemento: En 1967
 Currículum

É licenciada en Física (Especialidade de Electrónica) pola Universidade de Santiago  de Compostela. Cursou o máster de Economía e Xestión da saúde na Universidade de Santiago de Compostela e obtivo o diploma de directivo da Xunta de Galicia no Programa de Dirección Innovadora.

Desde febreiro de 2005 era subdirectora xeral de Información e Servizos Tecnolóxicos na Consellería de Sanidade da Xunta. Conta ademais cunha praza de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde na categoría de Técnico Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información desde xuño de 1999.

2004-2005: directora de Organización e Sistemas do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, desempeñando as funcións de dirección e xestión.
2002-2004: xefa de área de Programas Especiais (Centro de Servizos Tecnolóxicos do SERGAS, asumindo a responsabilidade del desenvolvemento dos sistemas de información no ámbito de tarxeta sanitaria, inspección sanitaria e saúde pública así como a coordinación informática de  direccións e delegacións provinciais.
1999-2001: técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información adscrito á Subdirección Xeral de Planificación Sanitaria dependente da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde, en calidade de responsable técnico do proxecto de tarxeta sanitaria.
1995-1999: asistencia técnica na Consellería de Sanidade, proxecto tarxeta sanitaria.
1993-1994: analista da empresa de Servizos Informáticos SOPRA-BULL, actualmente STERIA.
1990-1993: enxeñeira de desenvolvemento de INISEL, Empresa Nacional de Sistemas S.A, actualmente INDRA (Madrid).