Naceu nunha familia de campesiños e emigrou moi novo a Cuba, onde traballou na hostalería e máis tarde nunha fábrica de mobles. Despois foi a Arxentina, regresando a Mondoñedo en 1921 de gardarríos. Ó producirse o Alzamento foxe ó monte. Estivo agochado nas casas dos seus amigos. A súa época máis activa, militarmente falando, tivo lugar entre 1939 e 1941. Entre 1942 e 1947 as súas accións dirixíronse contra curas, estraperlistas, funcionarios públicos, políticos e caciques. Os cartos que obtiña usábaos para mante-la súa estructura e para darllos á xente necesitada.