Luis Quintas Goyanes


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1907 (†1987)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela
 Currículum

A súa vocación pola pintura comezou desde moi novo e entre os seus primeiros mestres encóntrase Castelao. En 1925 xa participou na Exposición Nacional de Belas Artes, á que seguiron numerosas exposicións máis. Obtivo a praza de catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña. Ingresou na Real Academia Galega de Belas Artes e na de San Fernando e foi nomeado director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, cargo que ocupou durante 17 anos.

 Obras realizadas

A súa principal faceta foi a de retratista. Tamén ilustrou pergamiños, libros e carteis. As súas obras atópanse en museos do Vaticano, A Coruña, Santiago, Oviedo, Bos Aires, Barcelona, Lisboa, Porto, etc.

 Outros datos de interese

Tiña o título de Marqués de Almeiras. Por encargo da Real Academia Galega realizou os retratos dos intelectuais e escritores galegos que foron académicos, así como de aqueles ós que se dedicou o "Día das Letras Galegas"