Laura Carmen Seara Sobrado


Categoría: Política
Data de Nacemento: 20 de marzo de 1975
Lugar de Nacemento: Allariz (Ourense)
 Currículum

Licenciada en Dereito pola Universidade San Pablo-CEU de Madrid.

Master en Calidade dos Servizos.

Bolseira na Dirección Xeral de Calidade dos Servizos da Comunidade de Madrid.

Consultora de Calidade.

Participou en proxectos de cooperación internacional no Sáhara Occidental e en varios cumios do asociacionismo e dereitos civís en diversos países europeos.

Membro da Comisión Executiva Federal de JSE (1999-2002).

Candidata ó Parlamento Europeo en 1999.

Candidata ó Congreso dos Deputados no ano 2000.

Secretaria de Igualdade da Executiva do PSdeG.

Vicepresidenta do Consello da Xuventude de España.

Deputada no Parlamento Galego desde o ano 2001.

Ademais foi portavoz de Medio Ambiente, membro da Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, da Comisión de Igualdade e para os dereitos das mulleres, da Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego e da Deputación Permanente.