Traballou como funcionario de Facenda, pero tivo que deixa-lo seu emprego por motivos políticos. En 1842 fundou o primeiro xornal de Pontevedra chamado Las Musas del Lérez, en 1852 fundou La Distracción e en 1867 La Revista. Ademais, colaborou noutros periódicos de Madrid. Morreu en Valladolid.
Aínda que non tiña formación filolóxica, fixo algún traballo interesante como lingüista. A gramática titulada El habla gallega. Observaciones y datos sobre su origen y vicisitudes foi publicada en Pontevedra en 1868. En 1876 publicou en Barcelona Diccionario Galego-Castelán.Ademais, escribiu o drama histórico Pedro Madruga en verso gallego, que foi publicado en Pontevedra en 1897 e unha poesía titulada O mosteiro de Armenteira.Xunto con Vicente Gutiérrez Piñeiro realizou a versión galega para a biografía de Calderón de la Barca, que foi publicada en Granada en 1881.