Juan Antonio Granados Loureda


Data de Nacemento: 29 de abril de 1961
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciouse en Historia Moderna na Universidade de Santiago de Compostela en 1984, ampliando logo estudos de doutorado en Madrid e obtendo a especialidade en historia económica no Istituto Internazionale Francesco Datini de Prato (Florencia). O seu labor investigador centrouse no estudo dos intendentes españois do século XVIII e ultimamente na súa relación co desenvolvemento da construción naval nese período. Froito diso foi un bo número de artigos e colaboracións que viron a luz ao longo destes anos.

 Obras realizadas

Paralelamente é catedrático de historia nun Instituto de Ensinanza Secundaria da comarca coruñesa, traballo que compatibiliza cunha constante tarefa publicista que desenvolve en diferentes frontes, tanto coa publicación de críticas artísticas e artigos de carácter profesional, como nas súas frecuentes colaboracións en obras individuais e colectivas de índole histórica, onde podemos destacar os libros Historia de Ferrol (Vía Láctea, 1998), Historia Contemporánea de España (Vía Láctea, 1998) ou Historia de Galicia (Vía Láctea, 1999).

Colaborou desde 2002 a 2009 con artigos de opinión no suplemento dominical do diario “El Correo Gallego”, publicados na súa columna “El barril de amontillado”. En 2010 iniciou unha nova columna semanal chamada “Entre brumas”,  na sección de Galicia do diario ABC.

Desde que en 2003 publica na editorial EDHASA a novela histórica Sartine y el caballero del punto fijo, centra as súas miras na literatura. En 2006, publico una mesma editorial El Gran Capitán, a súa segunda novela. En xuño de 2010 publicará, de novo en Edhasa, Sartine y la guerra de los guaraníes,  segunda parte das aventuras de Nicolás Sartine e en setembro de 2010 unha “Breve historia de los Borbones españoles” para a editorial Nowtilus.

Desde outubro de 2009 adheriuse ao proxecto “Espacio Cultura Editores” como xefe de redacción.