Enxeñeira de profesión, comeza a súa traxectoria plástica en 1987 en Ourense con Pilar Iglesias Soto. En 2003 trasládase a Vigo e asiste ó obradoiro B.A.
Realiza exposicións de maneira individual dende 1998 ata que se traslada a Vigo, onde forma parte da colectiva PlusArtis como socia fundadora e secretaria da asociación. Desde maio de 2004 expón coa Asociación de Artistas Plásticos PlusArtis. As súas obras atópanse en Miami, Holanda, Suíza, Portugal, Canadá e España.