Desde nenos foi educado para ser mariño e segui-la tradición familiar (o seu avó e o seu tío foron mariños). Despois de ingresar na Infantería de Mariña recibiu o seu despacho de alférez en 1868 e foi destinado a Cádiz. Dous anos máis tarde foi destinado a Filipinas e alí ascendeu a tenente. En maio de 1871 foi nomeado xefe do Detall do Arsenal de Cavite, un ano máis tarde fíxose cargo do Arsenal de Cavite e do Destacamento de Infantería de Mariña da Estación Naval da Isabela. Regresou a España en 1874 e participou na 3ª Guerra Carlista, sendo ascendido a capitán cando esta estaba rematando. En 1876 foi destinado a Cuba, onde estivo en varios navíos. Regresou a España e estivo en varias cidades, ascendendo ata xeneral de brigada.
Entre as condecoracións que conseguiu destacan a "Cruz Vermella de Primeira Clase do Mérito Naval" (1872) e o nomeamento de "Benemérito da Patria pola súa actuación na campaña de Cuba" (1876).