- Licenciado en Dereito pola USC.- Avogado en exercicio desde o ano 1965.- Fundador do Partido Socialista Galego (PSG) en 1963.- Un dos socios fundadores da Agrupación Cultural ?O Facho?- Deu as primeiras clases de galego na Universidade de Santiago de Compostela nos anos 1957-59.- Deu clases de galego organizadas pola Agrupación Cultural ?O Facho?. - Membro do Grupo dos 16 na redacción do Proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia e Relator na Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados para a aprobación de E.A.G.- Deputado no Congreso (1979-82) e Senador (1982-1989).- Foi secretario 1º do Senado (1983-1986) e Vicepresidente 1º do Senado (1986-1989)- Secretario da Delegación Española na Unión Interparlamentaria (1983-1986)- Deputado no Parlamento de Galicia (1989-93) e Presidente do Grupo Parlamentario Socialista.
Ten publicados moitos artigos na prensa en revistas sobre temas culturais, políticos e xurídicos.-É presidente da Asociación Galega de Avogados e da Fundación Xaime Quintanilla, Galicia como Tarefa.-Foille outorgado o 1º Premio de Contos de Castelao, do Centro Galego de Barcelona. - Premio platero de contos do Club del Libro en Español, das Nacións Unidas 1994. - Premio de Relatos Decano Pedrol do Colexio de Avogados de Madrid, 1999, entre outros. -Foi Presidente do Consello Xeral da Emigración do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais 1994-98.
Casado e con dúas fillas.-Membro do Consello Asesor do IGADI.-Defensor do xuízo dos 23, polos sucesos de Ferrol do 1972. -Está en Posesión da Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort e da Medalla de ouro da emigración.