
CurrículumConsiderado o introductor no periodismo galego de xéneros inexistentes naquel momento como o reportaxe e a entrevista, Carballeira desenvolveu o seu traballo no Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, anque tamén colaborou, entre outras, en publicacións como "Galicia", "Gaceta de Galicia" e "Vida Gallega" de Vigo, as revistas pontevedresas "Cristal" e "Resol", a ferrolá "Erte", a revista "Estampa" e "El Sol" de Madrid, así como en "Correo de Galicia" e "Céltiga" (ambas editadas en Arxentina).
Obras realizadasA súa obra poética, dispersa nas publicacións xornalísticas nas que traballou, editouse con posterioridade nun libro recompilatorio titulado Cartafol de poesía.
Outros datos de intereseFoi membro da dirección nacional do Partido Galleguista e alcalde de Bueu.