Ten máis de 25 anos de profesión nos medios audiovisuais. Iníciase como actor de dobraxe e director en Santiago de Compostela e A Coruña, pasando a traballar despois en televisión.
Desprázase a Latinoamérica, onde continúa o seu desenvolvemento na televisión latina e os mercados latinos dos EE.UU.
Na actualidade dirixe un importante grupo de comunicación con varias cadeas de TV e produce formatos e contados para empresas como: Endemol, Promofilm, Globomedia, Freematle e Magnolia.
A súa empresa produtora foi galardoada en festivais como o de San Sebastián e a revista Cambio 16 seleccionouno como home latino do ano 2008.
Foi director e guionista de “La cárcel de la victoria” (2004), “Sanky panky” (2007) e “Santi clo” (2008).
Producións para televisión en 2008: “Cuestión de peso” (Endemol), “Latin American Idol” (Freematle-Sony) e “Quien baila mejor” (Promofilm-Mediaworld).