José Antonio Varela Agrelo


Categoría: Maxistrado
Data de Nacemento: 7 de maio de 1957
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1979, realizou cursos de doutoramento en 1985. En 1981 entrou na Administración de Xustiza como secretario, en 1989 entrou na carreira xudicial e en 1990 ascendeu a maxistrado. É profesor titular da Escola Universitaria de Relacións Laborais de Lugo. Na actualidade, é Presidente da Audiencia Provincial de Lugo.

 Obras realizadas

Ten impartido máis de 100 relatorios en cursos xurídicos e é autor de 25 traballos de investigación publicados. Destaca o traballo El cuerpo humano como medio de prueba, en especial las intervenciones corporales, que mereceu o premio de Investigación Xurídica que convocou o CXPX (Consello Xeral do Poder Xudicial) e a Xunta de Galicia en 1995.

 Outros datos de interese

É membro da Rede Xudicial Europea, consultor para Centroamérica designado polo CXPX, membro do consello de redacción da revista española "Daño Corporal" e membro asesor xurídico da Consellería de Industria. Entre 1999 e 2003 foi presidente de ALIAD. Entre as condecoracións que obtivo destacan a Cruz Distinguida da Orde de San Raimundo de Peñafort e a medalla Concepción Arenal.