José Antonio González Noguerol


Pseudónimo:Jei Noguerol
Categoría: Profesor, cantante e compositor
Data de Nacemento: 1 de xuño de 1950
Lugar de Nacemento: Covas, Viveiro (Lugo)
Teléfono: 933021663
 Currículum

Fixo estudios de Dereito, Filoloxía, Guitarra e solfexo. É licenciado en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galaico-Portuguesa. É profesor numerario de Ensinanza Secundaria de Lingua e Literatura Española.

 Obras realizadas

Entre as súas obras máis importantes destacan: Denantes dos vinte anos; ¿Queres ser mar do meu río?; Nunha tarde... un pensamento; Compañeiro; Sr. Ministro, por favor; Cabaleiros; Cantigas da Fradería; Polo Atlántico Norte; Marea Baixa de azúis, A miña voz e Lúa Nova. Traduciu Follas Novas de Rosalía de Castro ó castelán, fundou o grupo "Evasión" e musicou dúas obras de Valle-Inclán, entre outras actividades artísticas.

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos seguintes premios: Premio á mellor letra no Primeiro Festival da Canción Misioneira (Santiago de Compostela), primeiro premio do XIV Festival de panxoliñas novas de Pamplona, premio Padroado Rosalía de Castro (1980) e premio do Festival do Marisco no Grove (1983).