José Ángel Valente Docasar


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 25 de abril de 1929 (†18 de xullo de 2000)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Na súa cidade natal pasou a súa infancia e parte da adolescencia. Estudiou Dereito na Universidade de Santiago e Filoloxía Románica na Complutense de Madrid. Entre 1955 e 1958 traballou como profesor de español la Universidade de Oxford onde recibiu o grado de Master of Arts. En 1958 trasladouse a Xenebra, onde pasou gran parte da súa vida e traballou como profesor e traductor de organizacións internacionais. En 1986 volveu a España e instalouse en Almería aínda que tamén pasaba tempadas en Xenebra.

 Obras realizadas

As súas primeiras composicións poéticas apareceron en 1947 cando aínda era estudiante. A partir de aquí obtivo varios premios con obras como A modo de esperanza (1954), Poemas de Lázaro (1960), La memoria y los signos (1966), Siete presentaciones (1967), Breve son (1968), Presentación y memorial para un monumento (1970), El inocente (1970), Interior con figuras (1976), Material memoria (1979), Tres lecciones de tinieblas (1980), Sete cantigas de alén (1981), Mandorla (1982), El fulgor (1984) e No amanece el cantor (1992). En 1998 publicou unha antoloxía poética que resume a súa traxectoria desde 1953 a 1996. Aínda que a importancia literaria de José Ángel Valente radica sobre todo na súa producción poética, tamén publicou algúns libros en prosa como El número trece (1971), El fin de la edad de plata (1973) e Nueve enunciaciones (1982). Polo que respecta á súa producción ensaística, publicou algúns ensaios literarios como Las palabras de la tribu (1971), Ensayos sobre Miguel de Molinos (1974), La piedra y el centro (1983) e Variaciones sobre el pájaro y la red (1991).

 Outros datos de interese

Doou a súa biblioteca duns 7.000 volumes á Universidade de Santiago, que o nomeou Doutor Honoris Causa. Pola súa traxectoria literaria, Valente foi galardoado con numerosos premios e recoñecementos como o Premio príncipe de Asturias das Letras e o Reina Sofía de Poesía. En 1993 concedéuselle a Medalla Castelao.