José Manuel Suárez Sandomingo


Categoría: Pedagogo e educador social
Data de Nacemento: 5 de outubro de 1959
Lugar de Nacemento: Ortigueira (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

Licenciado en Ciencias da Educación e doutor en Pedagoxía; exerceu de educador social nun centro de reeducación de menores da Xunta de Galicia na Coruña, dende 1985 a 1994, a partir de entón é pedagogo nos Servizos centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Dende 2004 veu desempeñando o cargo de presidente da Asociación Profesional de Pedagogos e Pedagogas de Galicia.

 Obras realizadas

Ten escrito varias obras especializadas en temas de infancia e educación, entre as que caben destacarse: Centros de menores, de onte a hoxe (1998); Historia dos dereitos da infancia (1999); La inserción sociolaboral de los jóvenes tutelados: el Programa Mentor en Galicia (2009) e La inserción sociolaboral de los jóvenes tutelados: El apoyo a los jóvenes desde las Administraciones españolas y europeas (2018). Tamén coordinou diversas obras colectivas como La interculturalidad pedagógica: nuevos enfoques, nuevas prácticas (2004); Mediar para remediar conflictos (2005) e Menores en crisis (2012), e colaborou con outros expertos aportando capítulos a libros como: O reto da converxencia dos sistemas formativos e a mellora da calidade da formación (1999); La integración sociolaboral de jóvenes tutelados (2000); Psicología jurídica del menor (2000); El practicum en el nuevo contexto del espacio europeo de educación superior (2005); Escola e familia: encontros vs desencontros (2007); Intervención pedagógica en la adopción (2008); Pedagogía del Ocio: nuevos desafíos (2009); Menores e xuventude: novos retos (2009), Diccionario Galego de Pedagoxía (2010). Tamén é autor de diversas obras de carácter biográfico e histórico como Benigno Teijeiro Martínez. El mayor polígrafo gallego en Argentina (2011); Federico Maciñeira, su vida y su época (2014), Orteganos ilustres (2016), Historia del cine y el teatro en la Comarca de Ortegal (2017); Orteganos ilustres II (2018) e El Ortegal, secreto e inédito, así como da recompilación e edición dos textos xornalísticos de Julio Dávila Díaz, publicados baixo o título Antología de artículos (2020).

Publicou máis de 1000 artigos de opinión en diversos diarios galegos, así como en destacadas revistas especializadas.

 Outros datos de interese

Foi 1º Premio Nacional Unicef de Xornalismo en prensa polo artigo Éranse unha vez os Dereitos do Neno... (El Ideal Galego, 5 de xuño de 1989).

É membro da Sociedade Iberoamericana de Pedagoxía Social (SIPS), a Asociación Española de Orientación Educativa e Psicopedagoxía e Unicef, coordinador do consello de redacción da colección Perspectiva pedagóxica na Editoral AXAC de Lugo e membro do consello de redacción da Revista IPSE-ds (Revista de Intervención psicosocioeducativa na desadaptación social) da Editorial Dulac, de Barcelona.

Imparte con regularidade cursos e conferencias para profesionais da educación e a protección á infancia.