Jorge López Corcoba


Categoría: Artesán tallista en madeira
Data de Nacemento: 17 de xullo de 1973
Lugar de Nacemento: París
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

A pesares de ter nacido en Francia, foi trasladado a Vigo de neno, onde pasou a maior parte da súa vida. Alí realizou os estudios primarios, bacharelato e Ciencias Económicas na Facultade de Vigo. Posteriormente cursou un Máster en Dirección e Administración de Empresas na Escola de Dirección e Administración de Empresas (EDAE-Madrid). Con dezaseis anos iniciou a súa carreira profesional, que foi compatibilizando cos seus estudios oficiais e formación complementaria. Conta con máis de doce anos de experiencia en diversos sectores productivos e chegou a desempeñar funcións directivas en empresas industriais (ferro forxado artístico e alimentación) e de servicios (internet). No ano 2002 decide dar un xiro á súa carreira profesional e matricúlase na Escola de Artes Aplicadas “Ramón Falcón” de Lugo para cursar o Ciclo Superior denominado “Artes Aplicadas a la Madera”. Neste tempo a formación céntrase na Talla de Madeira e Ebanistería Artística, profundizando tamén sobre materias como Policromía e Dourado da Madeira, Escultura, Debuxo Artístico e Técnico, Deseño Asistido por ordenador e Historia da Arte.

 Outros datos de interese

No ano 2004 crea un obradoiro de artesanía na localidade de Caritel (Pontecaldelas), na provincia de Pontevedra. Na súa actividade diaria englóbanse dous tipos de servicios: talla en madeira e restauración. Realízase ornamentación para mobles e decorativa, artesanía en madeira tallada, imaxes e obxectos relixiosos e populares. Por outra parte, restáurase todo tipo de obxectos de madeira, mobles, relixiosos, etc.