Viviu en Santiago desde moi neno ata os 23 anos, pasando logo a vivir na Coruña onde reside actualmente.No ano 1967 comeza a colaborar na organización dos primeiros núcleos da USO en Vigo, Ferrol e A Coruña. No ano 1977, con motivo do Congreso de fusión da USO con UXT, intégrase no Sindicato Socialista naCoruña, afiliándose tamén por esas datas ó PSOE.Na cidade da Coruña participa nas tarefas de organización do sindicato, sendo elixido Secretario Xeral da Unión Local da UXT da Coruña no ano 1978.En agosto do ano 1980, no II Congreso da UXT de Galicia, celebrado en Ferrol, foi elixido secretario Xeral do Sindicato, responsabilidade que aínda desempeña na actualidade.
No ano 1985 foi elixido Deputado nas listas do PSdeG-PSOE, cargo do que dimitiu tres anos despois, días antes da Folga Xeral do 14 de decembro de 1988. Do seu paso polo Parlamento cabe destaca-la iniciativa da Lei creadora do Consello Galego de Relacións Laborais, entre outras.No ano 1985, participa na creación e constitución do Consello Sindical Inter-rexional Galicia Norte de Portugal, do que foi o seu primeiro Presidente. En representación deste Consello Sindical Inter-rexional, participou no 7º Congreso Estatutario da Confederación Europea de Sindicatos (CES), celebrado en Luxemburgo en maio de 1991.No ano 1989 impulsa a Constitución da Fundación "Luís Tilve", declarada de "interese Galego" por disposición da Xunta de Galicia, sendo o seu primeiro presidente.No ano 1999 participa na constitución da Fundación para a Defensa do Consumidor (FUNDECO) e na Fundación para a Defensa e Promoción dos Dereitos da Muller "María Xosé Arcos". De entre as múltiples actividades levadas a cabo ó longo destes anos, cabe destaca-la participación na dirección de tres folgas xerais: a do 14 de decembrode 1988, a do 2 de abril de 1992 e a do 27 de xaneiro de 1993.