É licenciado en Filosofía pola Universidade de Comillas (Madrid), licenciado en Filosofía e Letras e en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid, diplomado en Cultura e Lingua Portuguesa pola Universidade de Lisboa, doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago e profesor titular de Didáctica da Lingua e Literatura na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Foi bolseiro de distintos organismos e orientador da tese dos profesores José David Santos Araújo (Universidade do Minho, Braga) e Adriano Bastos de Amarante.
Publicou os seguintes libros: Contos con reviravolta (Castrelos, 1973), Diccionário Galego Ilustrado, I Vol. (Nos, A Coruña, 1983), Diccionario da Língua Galega (tres tomos, Alhena, Madrid, 1986), Estudos Filológicos galegoportugueses (Elhena, Madrid, 1987), Diccionário da Língua Galega (Sotelo Blanco, 1995) e A fala dos Concelhos de Trasmiras e Qualedro (tese de doutoramento, dous volumes, 1999, aínda inédita). Tamén participou nos seguintes libros colectivos: Estudo crítico das Normas Ortográficas e Morfológicas do Idioma Galego (Agal, 1985, 1989), Prontuário ortográfico galego (Agal, 1985), Mapa de Galicia (Akal, Madrid, 1979), Guia prático de verbos galego conjugados (Agal, 1988), Seis projectos de Expressom Artística Globalizada para nenos de 6 a 8 anos (2002) e La Sibila (de Agustina Bessa Luís, traducción do portugués ó castelán, Alfaguara, Madrid, 1981).
Asistiu a multitude de congresos, simpoiums e encontros en Galicia e no estranxeiro.Escritor