Aurora Sampedro Piñeiro


Categoría: Científica
Data de Nacemento: 15 de xaneiro de 1913 († 23 de setembro de 1996)
Lugar de Nacemento: San Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo)
 Currículum

Naceu o 15 de xaneiro de 1913 en San Pedro de Benquerencia, concello de Barreiros (Lugo), era filla de Francisco Sampedro Fuente, natural de Villalibre de Somoza, concello de Luyego (León) e de María Antonia Piñeiro Moreda, de San Pedro de Benquerencia. Faleceu, a consecuencia dun accidente de automóvil, o día 23 de setembro de 1996.

Aurora era unha muller moi traballadora, rigurosa, comprometida, segura, ética, disciplinada, intelixente, humilde, orientada a resultados, tanto a curto, como a medio e a longo prazo. Na súa historia de vida atopamos con frecuencia o establecemento de metas retadoras. Adelantada ao seu tempo, rompeu paradigmas e abriu novos camiños no campo da investigación, que contribuiron ao avance da ciencia e ao empoderamento da muller.

Foi unha estudante, constante e exemplar, desplazouse a Madrid no ano 1930, viviu na residencia de estudantes, alí completou os dous anos do bachiller universitario, rama de ciencias, para poder matricularse en ciencias químicas. Carreira que cursou na Universidade Complutense dende 1932 a 1936. Durante o tempo que durou a Guerra Civil, (1936-1939), tivo que interrumpir os seus estudos. Finalizou a carreira na Universidade de Oviedo en xullo de 1941, coa calificación de sobresaínte.

Os estudos de doutorado, realizounos tamén na Universidade Complutense, conseguiu o título de Doutora en Ciencias (Sección de Químicas) o 16 de febreiro de 1948. Aurora, investigou sobre os “Oligoelementos en alimentos españois de orixe animal”, no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas.

As súas investigacións aportaron valor ao estudo dos oligoelementos, minerais de orixe animal: calcio, ferro, magnesio, potasio e zinc, todos eles, indispensables no noso organismo para o seu funcionamento equilibrado e armónico. A partir dos anos cincuenta do século pasado, a investigación científica sobre os oligoelementos de orixe animal centrou o interese de numerosos científicos e laboratorios, de ahí a proliferación de suplementos alimenticios de venta en farmacias, parafarmacias, tendas de dietética e cadenas de alimentación, con diferentes compostos, formatos e marcas comerciais.

A principios dos anos cincuenta do século pasado, a documentación máis antiga, que se conserva no archivo familiar es de 1954, aunque cremos que foi un ou dous anos antes, incorpórase por oposición, como doutora en ciencias químicas, ao laboratorio central de Renfe, a categoría profesional que aparece nos últimos documentos é a de Subxefa de División. Toda a súa traxectoria laboral, excepto periodos curtos de tempo nos que se adicou ao ensino en Boal, Vegadeo e Madrid, estivo vinculada a Renfe ata a súa xubilación. Temos documentada a súa asistencia a numerosos congresos internacionais de química.

Foi becada pola Fundación March no ano 1961, dese periodo de investigación, temos coñecemento de catro publicacións: Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. I. Determinación de impurezas; Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. II. Determinación de menores constituyentes y Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas.

 Obras realizadas

Publicaciónes científicas:

- Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal. Sección de bioquímica del Instituto Español de Fisiología y Bioquímica e Instituto de Gregorio Rocasolano. Revista Española de Fisiología, T. IV, número 3, Outubro 1948.

- Valoración espectroquímica de aleaciones de antifricción. Revista de Ciencia aplicada. Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC. Número 56, maio-xuño 1957.

- Análisis espectroquímico del antimonio para concentraciones 0,3-15% en las aleaciones binarias de plomo. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica, “Esteban Terradas”, e Instituto de Química Física, “A. de G. Rocasolano”. Madrid. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, Serie B-Química. Tomo LVI, pág. 289, número 3, marzo 1960.

- Influencia del historial mecánico y térmico de las aleaciones plomo-antimonio en la emisión espectral. Instituto Nacional de técnica Aeronáutica “Esteban Terradas” e Instituto Química Física del C. S de I.C. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B- Química, Tomo LVII, número 1, xaneiro 1961.

- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de impurezas. Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto, “A. de G. Rocasolano”. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, Serie B-Química. Tomo LIX (B). pág. 415. número 6, xuño 1963.

- Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas. “Revista de Ciencia aplicada”. Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC. Número 99, xullo-agosto 1964.

- Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de menores constituyentes Laboratorio Central de RENFE. Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto “Rocasolano”. Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química, 26 de novembro 1966.

- Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de maio 1969.

- Determinación espectroquímica del titanio en los aceros inoxidables. Revista de Metalurgia (Madrid), 11(1), 13–18, 1975.

- Determinación espectroquímica del hierro en aleaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión. Revista de Metalurgia (Madrid), 13(4), 226–231, 1977.

 Outros datos de interese

Polas súas aportacións á ciencia nos campos da nutrición e da automoción, en 1977 a Real Academia de Doutores nomeouna Correspondente de Ciencias Experimentais.

É un orgullo atoparse con persoas como Aurora, que tanto dignificaron a súa linaxe, aos seus lugares de pertenencia e á ciencia, á que adicou o seu tempo, recursos, paciencia, visión, creatividade e innovación.

Estamos xestionando o seu recoñecemento oficial nos concellos de Barreiros co nomeamento de “Filla Predilecta” e no de Luyego, como “Filla Adoptiva” e na Xunta de Galicia, para que o próximo ano da ciencia, se lle adique a Aurora Sampedro Piñero, recoñecemento similar que agardamos do Instituto Leonés de Cultura.

 

Texto: Manuel Rivero Pérez