Gerardo Felipe Iglesias Conde


Categoría: Xinecólogo
Data de Nacemento: 23 de agosto de 1943 (†15 xuño de 2000)
Lugar de Nacemento: Ordes (A Coruña)
 Currículum

Obtivo o título de licenciado en Medicina y Cirurxía, pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1973, o grao de licenciatura, na Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, en 1974, o título de médico especialista en Obstetricia e Xinecoloxía, Universidade de Santiago de Compostela, en 1976, completando a súa formación como Médico Residente no departamento de Obstetricia e Xinecoloxía do Hospital Xeral de Galicia de Santiago de Compostela nos anos 1974, 1975 e 1976. En 1976 obtén o diploma da Escola Profesional de Obstetricia e Xinecoloxía, da Universidade de Santiago de Compostela, que o faculta para exerce-la especialidade de Obstetricia e Xinecoloxía. Conseguiu a praza de médico adxunto de Obstetricia e Xinecoloxía da Residencia "Hermanos Pedrosa Posada" de Lugo (hoxe Complexo Hospitalario "Xeral-Calde"), tomando posesión en maio de 1977. Obtivo a "Venia Docendi", outorgada polo rector da Universidade de Santiago de Compostela, para impartir docencia na Escola Universitaria de Enfermería de Lugo, sendo nomeado profesor encargado da materia de Enfermería Maternal (1979-1980, 1983-1984 e 1984-1985). No curso 1980-1981, foi nomeado instructor colaborador de Clínica Obstetricia, polo rector da Universidade de Santiago de Compostela, no "Curso de Práctica Clínica Hospitalaria" da Facultade de Medicina no Centro Colaborador da Residencia Sanitaria de Lugo. Concedéuselle a "Venia Docendi" para exercer labor docente como titor clínico no curso Rotatorio de Licenciatura de Medicina e Cirurxía no Hospital Xeral Hermanos "Pedrosa Posada de Lugo" no curso académico 1985-86. Desde 1998 foi xefe de sección de Obstetricia e Xinecoloxía do Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

 Obras realizadas

Foi membro da Xunta Directiva da Sociedade Galega de Obstetricia e Xinecoloxía. Participou no I Simposio Internacional sobre Diagnóstico Prenatal de Malformacións Conxénitas, presentando a comunicación sobre Atresia de Yeyuno (Madrid, 1982). Colaborou, como conferenciante, no Curso de Perfeccionamento de Aspectos Actuais e Preventivos en Obstetricia e Xinecoloxía, que tivo lugar na Escola Universitaria de Enfermería de Santiago de Compostela (1984). Foi profesor no curso de perfeccionamento sobre Educación Maternal (Escola Universitaria de Enfermería de Santiago de Compostela, 1986). Colaborou no traballo publicado na Revista Galicia Clínica (Outubro, 1976) La Utilidad de nuestros citodiagnósticos en la identificación microbiológica e na elaboración dos Protocolos Asistenciales en Obstetricia y Ginecología, publicados pola S.E.G.O.

 Outros datos de interese

Asistiu a diversos cursos e congresos, destacando: Curso de Ampliación de Fisiopatología y Patología Obstétrica (Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 1973), II Curso Internacional de Diagnóstico Ultrasónico en Obstetricia y Ginecología (Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 1975), II Curso de Citología Obstétrico- Ginecológica (Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 1975), III Simposium Internacional de Perinatología y Desarrollo Humano (Facultade de Medicina de Santiago de Compostela, 1976), XV Simposium Internacional de Patología Mamaria (Instituto Dexeus de Barcelona, 1988), I Certamen Nacional de Vídeo en Obstetricia y Ginecología, formando parte do comité organizador (Lugo, 1989), IV Curso Internacional Avances-90 en Gineco-Obstetricia y Reproducción Humana (Hospital General de Cataluña, 1990), II Certamen Nacional de Vídeo en Obstetricia y Ginecología, formando parte do comité organizador (Lugo, 1990), III Certamen Nacional de Vídeo en Obstetricia y Ginecología, formando parte do comité organizador (Lugo, 1992), VI Congreso Nacional de la Asociación Española de diagnóstico prenatal (Santander, 1993), IV Certamen Nacional de Vídeo en Obstetricia y Ginecología, formando parte do comité organizador (Lugo, 1994), XXIII Simposium Internacional Mastología: Cáncer de Mama (Institut Universitari Dexeus, Barcelona, 1996) e V Certamen Nacional de Vídeo en Obstetricia y Ginecología (Lugo, 1997).