Licenciado en Dereito e sacerdote, foi avogado, vicario xeral do arcebispado de Toledo, abade de Alcalá la Real e presidente do Consello de Castela pola protección do Conde de Monterrey e do seu parente o Conde-Duque de Olivares.
A súa obra máis importante é Tractatus de regia protectione et oppressorum a causis judicibus ecclesiastici (1627). Tamén escribiu: Tractatus de Supplicatione ad Sanctisimum a Bullis et Litteris Appostolicis (1639); Larynthus creditorum concurrentium (1651)... Consérvanse aínda obras súas inéditas.
Foi un férreo defensor dos colonos, que tiñan ás súas terras nun foro, contra os abusos ós que eran sometidos polos donos dos foros, sobre todo as abadías benedictinas.