Francisco Lloréns Díaz


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 10 de abril de 1874 (†11 de febreiro de1948)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Empezou a estudiar Comercio, aínda que o abandonou para ingresar na Escola de Artes e Oficios. Continuou os seus estudios en Madrid (1892), onde acudía con frecuencia ó Museo do Prado para aprender dos grandes xenios alí expostos. Foi discípulo de Sorolla e en 1902 marchou durante 4 anos a Roma. En 1913 conseguiu a cátedra de Debuxo Artístico na Escola de Barcelona, pero renunciou para instalarse en Madrid ó cabo de tres meses.

 Obras realizadas

Realizou na Coruña algunhas das súas obras máis importantes, como La ría del Burgo, La hora de los rezos o La barra de Santa Cristina.

 Outros datos de interese

En 1922 conseguiu a medalla de honor na Exposición Nacional de Belas Artes por Rías Bajas. En 1925 recibiu a gran cruz da Orde de Carlos III. Foi nomeado organizador do pavillón galego da Exposición Iberoamericana celebrada en Sevilla no ano 1929, académico numerario da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1943), socio de honor do Círculo de Belas Artes de Madrid e académico de honor da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña.