Francisco Fraga López


Categoría: Físico
Data de Nacemento: 19 de maio de 1966
Lugar de Nacemento: Narón (A Coruña)
Teléfono: 982285900
 Currículum

Licenciado e doutor en Ciencias Físicas, é especialista en caracterización de polímeros e en calorimetría e análise térmico. É membro do Departamento de Física Aplicada e colaborou con trinta publicacións en revistas internacionais no campo dos polímeros, cincuenta comunicacións en congresos internacionais e trinta comunicacións en congresos nacionais. Ademais, é “referee” de dúas publicacións internacionais, membro do grupo de investigación “Fisicoquímica de coloides” e decano da Facultade de Ciencias de Lugo.

 Obras realizadas

É coordinador do programa SENECA/SICUE das titulacións Enxeñería Técnica Industrial e Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, editor dos libros Incidencia de los materiales en la Ingeniería Industrial e Innovación y desarrollo en la industria alimentaria e editor no apartado de Física da editorial Foxwell & Davis.

 Outros datos de interese

É membro da Real Sociedade Española de Física: Grupo especializado de polímeros e grupo especializado de calorimetría e análise térmico e membro da Sociedade Europea de Física.