Francisco Antonio Sampedro Ojeda


Data de Nacemento: En 1956
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutor en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de Ensino Medio, é autor dun cento de publicacións entre artigos de prensa (sobre filosofía, socioloxía e crítica literaria). Membro do consello de redacción da revista A trabe de ouro, así como da publicación francesa Multitudes. É membro tamén do Groupe d’études sartriennes e da Association Louis Althusser. Colaborador regular da Escola Europea de Psicoanálise.
Impartiu conferencias nas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo, Lausanne, Poitiers, Bologna, e na École Normale Supérieure de París, e na Semana de Filosofía de Pontevedra., así como en outras institucións. Profesor de cursos de doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

LIBROS PUBLICADOS
Xunto a varios autores:
-“Noema. Iniciación á Filosofía”, Ed. O Castro, Santiago de Compostela,1983.
-“Noein. Historia da Filosofía”, Ed. Servizo central de publicacións da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.1987.
-“Tentativas sobre Dieste”, Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1995.
-“Magritte X 3”, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela, 1993.
-“Neste silencio”, Ed. Noitarenga, Santiago de Compostela, 2000.
Individualmente:
-“Ideoloxía e distorsión: Ensaio sobre o imaxinario ideolóxico”, Ed. Xerais, Vigo, 1997. (Premio da Crítica na modalidade de Ensaio).
-“A aristocracia imposíbel: O discurso político de Nietzsche”, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela, 2001.
-“Louis Althusser”, Ed. Baía, A Coruña, 2004.
-“A violencia excedente”, Ed. Laiovento. Santiago de Compostela, 2006. (Premio da Crítica na modalidade de Ensaio).

ARTÍCULOS ESPECIALIZADOS
-‘La temporalidad en Sartre’, en “Revista de Filosofía y de Didáctica Filosófica”, Madrid 1983.
-‘¿A violencia irreductíble?’, en “Finisterre freudiano”, Barcelona, 2002.
-‘La filosofía y la verdad’, en “Finisterre freudiano”, Barcelona, 1999.
-‘Un valo, non un mito’, en “Dorna”, Santiago de Compostela, 1999.
-‘Alain Badiou: Filosofía, ideoloxía e suxeito’, en “Escrita”, Santiago de Compostela, 1984.
-‘Sobre Barthes’, en “Nó”, Vigo, 1986.
-‘Gianni Vattimo’, en “Cadernos A Nosa Terra”, Vigo, 1989.
-‘O nihilismo do inadapatado’ (sobre Vicente Risco), en “A nosa cultura”, Vigo,1993.
-‘Remarques sur la mort chez Sartre’, en “Actes de la ASPLF”, Poitiers, 1993.
-‘A cidadanía excluída’, en “A Trabe de Ouro”, Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela. 2004.
-‘Os brancos do postmodernismo’, en Idem, 1998.
-‘O rexistro do outro na idea da morte’, en Idem, 1993.
-‘As estratexias de contención’, en Idem, 1991.
-‘Sartre: unha filosofía arredor da liberdade’, en Idem, 1990.
-‘O amor na filosofía’, en “Finisterre freudiano”, Barcelona, 2005.
-‘A condición de Novoneyra’, en “Escrita”, Vigo, 2007.
EDICIÓNS CRÍTICAS
-Alain Badiou: “Dun desastre escuro”. Introdución, tradución e notas. Ed. Laiovento, Santiago de Compostela, 1995.
-Slavoj Zizek: “O espectro segue a roldar”. Introdución, tradución e notas. Idem, 2004.
-Georges Labica: “Robespierre: unha política da filosofía”. Introdución, tradución e notas. Idem, 1994.
-J.P. Sartre: “O existencialismo é un humanismo”. Introdución, tradución e notas. Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1990.
-Simone de Beauvoir: “¿Hay que quemar a Sade?”. Introdución, tradución e notas. Ed. Visor, Madrid, 2000.

TRADUCIÓNS
-Alain Badiou: “Do fin da filosofía e o nihilismo”. En A Trabe de ouro, Ed. Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 1990.
-Étienne Balibar: “Fichte e a fronteira interior”. En Idem, 1990.
-Georges Labica: “A lección de Sartre”. En idem , 1990.
-Jacques Rancière: “¿Existe a filosofía política?”. En Idem, 1999.
-Jacques Rancière: “A experiencia democrática”. En Idem, 1992.
-Alain Badiou: “Lacan e os presocráticos”. En Idem, 1992.
-Georges Labica: “A cruz da dobre transición”. En Idem, 1992.
-Alain Badiou: “¿Qué é o que Louis Althusser entende por filosofía?”. En Idem, 1991.
-Alain Badiou: “Un divídese en dous”. En Idem, 2001.
-Jacques Rancière: “Sobre o nihilismo en política”. En Idem, 2001.
-Georges Labica: “Do imperialismo á mundialización”. En Idem, 2002.
-Georges Labica : “¿Homes de máis?”. En Idem, 2001.
-Alain Badiou: “¿Crebar en dous a historia do mundo?”. En Idem, 1994.
-Rudolf Gutwirtz: “Psicanálise existencial e establishment”. En Idem, 1994.
-Michel Vadée: “Marx, pensador do posíbel”. En idem, 1995.