Fernando Méndez


Categoría: Xornalista e escritor

Web
 Currículum

É un dos xornalistas máis premiados de España en investigación sobre drogodependencias. Recibiu galardóns como o Premio Nacional Reina Sofía de Xornalismo, o Premio Xunta de Galicia sobre Drogodependencias ou o Premio Internacional de Xornalismo de Investigación Ana María Agüero polo 'Caso Metílico'. No ámbito literario gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria e foi finalista do Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela coa súa obra 'Deus xogando aos dados'.

 

 Obras realizadas

Nos seus 25 anos de experiencia profesional traballou nos diarios Faro de Vigo e La Región, nas áreas de xudicial, sanidade e sociedade, e en Televisión de Galicia; colaborou en Tiempo, Interviú, Cambio 16, El Observador e Radio Nacional, e desempeñóu cargos de xefe de prensa e director de comunicación en diferentes institucións de Galicia. É máster en Drogodependencias e membro de FAPE (Federación de Asociaciones de Periodistas de España). Actualmente é responsable de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense.

 

Libros:

Nunca guardes las cosas rotas (Aldevara, 2014).

Cuatro esquinitas tiene mi cama (Suma de Letras, 2014).

Metílico, 50 años envenenados (Sotelo Blanco, 2013).

Deus xogando aos dados (Sotelo Blanco, 2011).

La noche y los guerreros de fuego -obra conjunta- (Latin Heritage USA, 2011).

Mil muertos de un trago (Península, 1998).

Historia dun crime. O Caso do Metílico (Galaxia, 1998).

 

 Outros datos de interese

PREMIOS:

Premio Nacional “Reina Sofía” de Xornalismo (1992 e 1993).

Premio Nacional de Xornalismo “Julio Camba” (1991).

Premio Xunta de Galicia de Xornalismo en Drogodependencias (1990, 1991 e 1995).

Finalista do Premio de investigación xornalística “Rodolfo Walsh”(1999).

Segundo Premio Literario Opticks Plumier de relatos (2010).

Premio “Vicente Risco” de novela (2010).

Premio Internacional Latin Heritage Foundation (Estados Unidos, 2011).

Finalista: Premio Literario Qué Leer-Volkswagen (2011), XX Premio Edebé de Literatura Xuvenil (2012), Premio da Asociación Galega de Editores á mellor novela, pola obra Deus xogando aos dados (2012), XXXII Premio Felipe Trigo de Novela (2012).

Premio internacional de investigación xornalística Ana María Agüero Melnyczuk polo “Caso Metílico” (Arxentina, 2013).

VI Premio de Novela “Ciudad de Almería”, pola obra 'Nunca guardes las cosas rotas' (2014).