Licenciado en Bioloxía, especialidade en Bioloxía Fundamental, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC, 1990). Máster en Electrónica Aplicada pola Escola de Organización Industrial de Madrid (1992).
Doutor en Xeografía e Historia pola USC no ano 2000 coa tese “Sistemas de Información para a Xestión de Recursos Culturais: Teoría, Metodoloxía e Tecnoloxías”.
No ano 1999 fundou 'Neco Tecnologías de la Información S.L.', unha das primeiras empresas spin-off da USC. Inicialmente, esta empresa centrouse na comercialización de produtos software relacionados cos recursos culturais, pero non tivo éxito. Hoxe en día, Neco é líder no desenvolvemento de sistemas software complexos baseados en web e na nube.
Entre 2002 e 2005 foi investigador posdoctoral na University of Technology Sydney, onde desenvolveu a teoría do metamodelado basado en powertypes. Entre 2005 e 2007 foi director de proxectos de I+D no European Software Institute. Dende 2008 é científico titular do CSIC e membro do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit).
A súa principal liña de investigación estudia a semántica do patrimonio cultural; é dicir, cómo se constrúe, transmite e modifica o significado que outorgamos ás cousas que compoñen o patrimonio. Para atacar este problema, utilizase un enfoque baseado fundamentalmente no modelado conceptual, o metamodelado, a enxeñería situacional de métodos e a filosofía da linguaxe.
César foi investigador principal en proxectos como MARIOL “Patrimonio 2.0: Modelos Abstractos de Referencia para Información en Patrimonio Cultural” (2014-2017, financiado por Retos da Sociedade do Plan Estatal español), ARIADNE “Advanced Research Infrastructure for Archaeological Dataset Networking in Europe” (2013-2017, financiado por INFRA-2012-1.1.3. del FP7), MIRFOL “Metodoloxía Integral para a Representación Formal do Patrimonio Cultural” (2009-2012, financiado polo Programa INCITE da Xunta de Galicia), o PIMet “Plataforma para Enxeñería de Métodos” (2006-2007, financiado polo Programa Saiotek do Goberno Basco).
Tamén foi coeditor de varios proxectos de estandarización internacional, tales como ISO/IEC 24744 “Software Engineering - Metamodel for Development Methodologies”, desenvolvido polo JTC1 SC7 de ISO e publicado en 2007 e 2014.
En canto a publicacións, é autor ou coautor de máis de 50 publicacións peer reviewed e outras tantas en foros non revisados.