Celestino Fernández de la Vega y Pardo


Categoría: Avogado e ensaísta
Data de Nacemento: 23 de setembro de 1914 (†† En 1986)
Lugar de Nacemento: Friol (Lugo)
 Currículum

Cursou o bacharelato en Lugo e Dereito nas Universidades de Santiago de Compostela e Madrid, licenciándose nesta última. De xove publicou algúns artigos en El Progreso de Lugo. Despois da Guerra Civil preparou oposicións ó corpo da Administración do Estado e instalouse en Lugo. Aprendeu alemán para estudiar a Heudegger e a Rilke, foi delegado en Lugo do Patrimonio Artístico, traballou no Dereito Administrativo e traduciu ó castelán varias obras da ciencia administrativa contemporánea, tales como Patriotas de Organización; Reforma administrativa y ciencia de la Administración; La Administración reguladora de la economía; Sociedad industrial y Administración pública e Administración autónoma de la economía.

 Obras realizadas

Está considerado como un dos ensaístas galegos máis importantes. A súa obra O segredo do humor é un dos estudios máis profundos sobre o humor. Ademais deste ensaio, tamén escribiu sobre cultura, comunicación, a personalidade galega de Valle-Inclán, a poesía de Rosalía, a poesía de Luis Pimentel... Algúns dos seus ensaios mais importantes son: Cultura y comunicación; Perfil galego de Valle-Inclán; Galicia emigrante; Campanas de Bastabales; Abrente e solpor da paisxe; A voz de don Ramón; Vida e poesía de Luis Pimentel; Braque, pintor de lo nunca visto; Sobre la persona y la obra de García-Sabell... Ademais, escribiu Cancionero da poesía céltiga, Da esencia da verdade e o conto El abrigo de pieles.

 Outros datos de interese

Foi bolseiro e obtivo os diplomas no Seminar für Burowiztschaft "Peter Basten" de Aquisgrán.