Comezou a traballar moi nova, sendo menor de idade e compaxinando o traballo cos estudos, en sectores produtivos como o téxtil e a siderurxia. Desde o ano 1974 ata 1985, foi militante da UPG, sendo co-fundadora do que foi o xerme do sindicalismo obreiro galego, o Sindicato Obreiro Galego (que derivou na actual CIG), e de Mulleres Nacionalistas Galegas, participando activamente na organización nacionalista AN-PG –actual BNG-, e nas demais organizacións de base nacionalistas. En 1985 abandonou a militancia política.
No mundo da comunicación, comezou colaborando con “A Nosa Terra” en 1979. En 1985, xa con dous fillos, traballou no xornal La Región, na comarca ourensá de Valdeorras. En 1986, traballou na Radio Galega, en Santiago, facendo guións, documentación e produción en distintos programas da TVG. Un ano despois, no goberno tripartito que se formou na Xunta de Galicia a raíz da moción de censura presentada, foi xefa da Oficina de Prensa dese Goberno Autonómico. Desde 1990 a 1991, viviu na Habana, onde foi correspondente da Radio Galega e dalgunhas axencias de información. Á volta de Cuba, traballou no Concello de Vigo, no equipo de comunicación da alcaldía. En 1992, foi redactora de “Atlántico Diario” durante uns meses e xefa de suplementos en “Xornal Diario” en Pontevedra ata 1993. Nese mesmo período, de 1991 a 1993, dedicouse vocacionalmente á música, promovendo a cantautores da Nova Trova Cubana.
En 1993, traballou como redactora e delegada en Ourense do semanario “Galicia en el mundo”, e xa desde 1994 ata 2002, traballou -como autónoma- para a Produtora Pórtico de Comunicacións, sendo guionista e redactora do programa “Desde Galicia para el mundo”, ata 2001; guionista e documentalista do programa da mesma empresa, “Terra e Vento”, e foi guionista de multitude de produtos audiovisuais: documentais, reportaxes, publicidade, DVDs, etc...
Realizou varios cursos relacionados co mundo audiovisual, como o curso de Guión Cinematográfico na Escola Superior de Cinematografía e Audiovisual de Cataluña –ESCAC-, o curso de Guión de ficción para TV do Consello da Cultura Galega, ou no mundo da comunicación, o Máster de Comunicación Corporativa co Instituto Séneca de Madrid.
Como traballadora autónoma, compartía eses traballos coa elaboración de guións para outras produtoras, e co de xefa de Prensa e Comunicación na Sociedade Anónonima para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, traballo que deixou no 2003. Durante un mes e medio traballou como directora de Relacións Institucionais na Fundación Semana Verde de Galicia.
Nese mesmo ano, volveu á TVG para guionizar o programa dirixido por Ana Cermeño, “Vidas”, e comezou a posta en marcha do Programa “Máxima Audiencia”, dirixido por Xesús Iglesias.
Desde a fundación da Academia Galega do Audiovisual, encargouse da prensa deste organismo, traballo que deixou en 2007. Compartía este traballo, coa xefatura de prensa e comunicación no concello de Oleiros, no que estivo ano e medio, ata outubro de 2005, no que pasou a ocupar a dirección do Club Internacional de Prensa, da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia.
No eido literario, publicou o conto infantil “A goma de borrar que falaba”, coa editorial Ir Indo, con ilustracións do seu fillo maior, Xoel Méndez Pérez. Publicou tamén algúns poemas en colectivos como Redes Escarlata, “Xuro que nunca volverei pasar fame”, na revista “Festa da Palabra Silenciada”, e esporadicamente, noutras publicacións.
GUIÓNS:
-1986: Guión, documentación e labores de produción en “Galicia de Noite”, TVG, dirixido por Xerardo Rodríguez e en “Lúa Nova” da TVG, dirixido e presentado por X. Ramón Gayoso.
-1987: Creación do formato, guión, produción e documentación de “A Contrafío” TVG.
-1994-2001: Guión e redacción de “Desde Galicia para el mundo” TVE, guións e documentación de vídeos das Comarcas Galegas de Arzúa, Caldas, O Ribeiro, O Carballiño, O Baixo Miño, A Paradanta e Terra de Trives, para Pórtico de Comunicaciones S.L. e guión do programa da TVG ‘Con Perdón’, contratada por División Audiovisual de La Voz de Galicia.
-1996: Guión de vídeo de “Galeguidade: Un sentimento común” para a Secretaría Xeral das Relaciones coas Comunidades Galegas no Exterior, con Pórtico de Comunicaciones.
-1997: Guión para ‘Terra única’ (TVG) emitido desde Ourense e guión técnico e literario e documentación do vídeo promocional da feira internacional da pesca, World Fishing.
-1998: Guións do programa ‘Mar a Mar’ para a TVG e guións do programa “Xacobeo 99” para a TVG, de Viveiro, Ribeira.
-1999: Guión do Programa “24 de Xullo” desde Santiago de Compostela, guión e coordinación-dirección do vídeo promocional sobre Ourense, para o Instituto Ourensán de Desenvolvemento, Pórtico de Comunicaciones, guión e documentación CD-ROM Ciudad visual Santiago de Compostela, para Pórtico de comunicaciones S.L., guión do CDROM sobre a “Comarca Terra de Trives” para Bonaval Multimedia, guión literario do DVD sobre a Fundación para o fomento da calidade industrial e o desenvolvemento tecnolóxico, guión do vídeo sobre “O espacio natural Abegondo-Cecebre” para a Consellería de Medio Ambiente, con Pórtico de comunicaciones, guión vídeo promocional da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia con Pórtico de Comunicaciones, dirección e redacción dos Suplementos Comarcas de Galicia para a Voz de Galicia e dirección, produción e guión do programa de Radio Voz-Onda Cero ‘Comarcas de Galicia’.
-2000: Guión e dirección do programa ‘Galicia ano 2000’ para TVE en Galicia, elaboración do proxecto do programa para TV, encargado por Pórtico de Comunicaciones “España sin límites”, elaboración do proxecto –contidos- do Documental para TV, “Galta”, para I.J.V. Producciones e elaboración do proxecto do programa documental, para IJV Producciones, sobre a “Reconstrucción de La Habana Vieja”.
-2001: Guión do vídeo-documental “50 Anos do Colexio Peleteiro”, en Santiago de Compostela, con Pórtico de Comunicaciones, guión do vídeo-documental-promocional da historia e celebración do Curro da Rapa das Bestas de Sabucedo para o concello da Estrada, con Pórtico de Comunicaciones, creación do proxecto para TVG do programa “Galicia enclave natural”, guión técnico e literario, documentación, memoria, sinopse, creación e contidos dos 13 programas ‘Terra e Vento’, con Pórtico de Comunicaciones para TVG, guión documental sobre ‘Aquis Querquennis’ da Dirección Xeral de Turismo, con Pórtico de Comunicaciones, guión literario e documental do spot sobre a Comarca da Fonsagrada, realizado por Pórtico de Comunicacións para a Fundación para o Desenvolvemento Comarcal da Fonsagrada e guión documental e literario sobre a Denominación de Orixe do Mexillón para o Consello Regulador, con Pórtico de Comunicacións no ano 2001.
-2002: Guión dos proxectos de programas de televisión para Pórtico de Comunicaciones: “Qué Tarde” e “Solidarios con Causa”, guión documental e literario do vídeo sobre a promoción da Vivenda Pública, do Instituto Galego da Vivenda e Solo con Pórtico de Comunicaciones, guión documental e literario do vídeo sobre a promoción da Vivenda Rural do IGVS, para Pórtico de Comunicaciones, guión documental e literario do vídeo sobre a promoción de solo empresarial do IGVS, para Pórtico de Comunicaciones, guión literario e documental da versión española -3 capítulos- de “Terra e Vento” para Pórtico de Comunicaciones S.L., guión técnico e literario e documentación do vídeo sobre o “Porto Seco de Monforte”, para a Consellería de Política Territorial, con Pórtico de Comunicaciones, guión da sección de Entrevistas Indiscretas do Programa ‘Con Perdón’ –de Comunicaçom S.L.- para a TVG, e co-guión co resto do equipo de guionistas, dos bloques de plató do mesmo programa, guión literario do vídeo promocional de AGADER, para a Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, con Pórtico de Comunicaciones e vídeos promocionales de Caixa Galicia con motivo do 25 aniversario, con Pórtico de Comunicaciones.
-2002-2003: Guión literario, técnico e documentación de 3 vídeos para o grupo da empresa EINSA.
-2003: Dirección, realización, guión, documentación, edición e posprodución do vídeo para a campaña electoral de “Alternativa dos Veciños” en Oleiros (A Coruña), elaboración do proxecto (guión técnico, memoria, sinopse e tratamento cinematográfico) da longametraxe cinematográfica “O segredo de Antía”, dirección, produción, organización, guión e coordinación do concerto “Canto de autor por Galicia” celebrado en xaneiro de 2003, en Santiago de Compostela, na campaña contra a catástrofe do Prestige, creación do proxecto, guión técnico e literario-xornalístico do documental para cine e TV, de “Os Rostros da emigración”, para Ficción Producciones, apoiado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, guión técnico e literario do vídeo da empresa de construcción Emprosal, de carácter promocional, con Ficción Producciones, guión técnico e literario do vídeo “Vigo: Punto de Encuentro”, para o Instituto Español de Oceanografía en Vigo, con Saga TV e guión e documentación do programa “Vidas” para TVG (programa de debate e divulgación, temático).