É licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1981, obtendo o título de grao en 1983. Ocupou os seguintes cargos: Médico-Inspector da Administración da Seguridade Social (Insalud, Ministerio de Sanidade e Consumo) desde 1984, inspector médico do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de Saúde Pública e Administración Sanitaria, xefe de área de Inspección Médica en Vilagarcía (1989-1991), director-xerente de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde en Pontevedra (1991-94) e desde 1994 é o director-xerente do Hospital Nicolás Peña (Vigo), pertencente ó Servicio Galego de Saúde.
Está en posesión do Diploma de Directivo da Escola Galega de Administración Pública.