Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro


Categoría: Monxe e escritor
Data de Nacemento: 8 de outubro de 1676 (†26 de novembro de 1764)
Lugar de Nacemento: Pereiro de Aguiar (Ourense)
 Currículum

Comezou estudiando no Real Colexio de San Esteban de Ribas do Sil e en 1690 ingresou no mosteiro de Samos. Tomou os hábitos en 1692. Entre 1702 e 1707 deu clases ós futuros monxes. Entre os seus alumnos estaba o que máis tarde sería Frei Martín Sarmiento. Foi profesor de Teoloxía da Universidade de Oviedo (1709) a onde se trasladou de maneira definitiva e onde desenvolveu a maior parte do seu labor. Na Universidade de Oviedo licenciouse e fixo o doutoramento en Sagrada Teoloxía e ocupou as cátedras de Santo Tomás e de Vésperas de Teoloxía. Ocupou tamén a cátedra de Prima cando xa estaba xubilado. Foi, tamén, mestre xeral dentro da súa orde, rexeitando varios cargos que lle foron ofrecidos, como por exemplo un bispado que lle ofreceu Felipe V en América.

 Obras realizadas

Moitos dos seus "discursos" e escritos están dedicados a temas médicos (exerceu a Medicina coas súas amizades en el mesmo). Realizou tamén incursións no campo da Filosofía do Dereito. Un dos temas máis populares e coñecidos da obra de Feijoo é a loita contra todo tipo de supersticións, o que lle valeu acedas polémicas. As súas obras foron traducidas a varios idiomas en vida do escritor. Entre as súas obras destacan: Teatro crítico (1726-90) composto por oito volumes, Cartas Eruditas (1742-60), formadas por cinco, que son unha enciclopedia do pensamento humano do seu tempo, co propósito de divulga-los seus coñecementos por España, Ilustración apologéticas, Demostración apologética, Opúsculos, Manuscritos e Poesías.

 Outros datos de interese

Foi membro honorario da Sociedade Filosófico-Médica de Sevilla. É considerado como o precursor e un dos creadores do concepto moderno de ensaio. A súa obra é de carácter utilitario e pedagóxico.