Estudiou na Escola de Pilotos de Ferrol e desenvolveu a súa actividade en Arxentina, a onde se trasladou en 1774. Comezou as súas exploracións en 1779. O 16 de abril dese mesmo ano partiu coa expedición que colonizaría o río Negro.
Algunhas das súas descricións aparecen recollidas en: Descripción geográfica de la Costa Oriental Patagónica comprendida entre los 40 y 43 grados de latitud S., con todos sus puertos y entradas, reconocidas por el piloto de la R. Armada D.B.V., desde enero hasta julio de 1779; Diario formado por mí, D.B.V., piloto de la R. Armada y capitán del bergantín Nuestra Señora del Carmen, en la comisión que tuve a la descubierta del río Colorado de Orden del comisario superintendente y comandante de la Expedición Patagónica don Juan de la Piedra, en 1779; Diario del reconocimiento del río Colorado, bahía de Todos los Santos, e internación del río Negro, hechos por el 2º piloto de la R. Armada, D.B.V., en 1780; etc. O seu Diario do recoñecemento do río Negro publicouse por primeira vez en Bos Aires en 1857.
Levan o apelido Villarino (Vilariño) unha rúa na capital federal, un partido no sur da provincia de Bos Aires, un penedo no río Lemay, unha praza no porto de Patagones e unha punta no Porto de San Antonio.