Avelino Díaz


Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 14 de novembro de 1897 (†29 de marzo de 1971)
Lugar de Nacemento: Santa Comba de Orrea - Riotorto (Lugo)
 Currículum

En 1910 emigrou por primeira vez a Arxentina. Posteriormente volveu a Galicia, viaxou a Cuba e de novo a Bos Aires, onde se estableceu definitivamente. Colaborou en publicacións como Céltiga, Galicia emigrante, A Nosa Terra... e chegou a dirixi-los xornais Galicia, Lugo e Opinión Galega.

 Obras realizadas

Galicia foi o tema central da súa vida e obra. Publicou os libros de versos Flor de retama (1947) en castelán e Debezos (1947) e Pallaregas (1963), en galego.