Antonio Carro Montiel


Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura

   Cultura
 Currículum

En 1975 comeza no mundo da artesanía realizando traballos en vidro, alpaca, etc. que logo vendería no rastro de León. Esta actividade era complementaria á súa profesión de electricista. Considérase un artesán autodidacta, aínda que procura asistir a cursos para aprender e perfecciona-las diferentes técnicas. Traballa con varias técnicas e diversos materiais. Entre 1976 e 1980 participa en varios cursos organizados polo Concello e pola Deputación de León. Tamén colaborou con varios ceramistas leoneses para poder iniciarse e perfeccionar distintas técnicas da cerámica (modelado, torno, esmaltes, etc.) e asistiu a clases na Escola de Artes aplicadas e Oficios Artísticos de León.

 Obras realizadas

Comeza no mundo do maquetismo etnográfico, construíndo maquetas a pequena escala de hórreos, muíños, apeiros de labranza, etc. No período 1980-84 comeza a súa experimentación no mundo da fotografía conseguindo varios premios. En 1984 cofunda a compañía de teatro de títeres YEPPA TÍTERES, que se especializa na construción de bonecos, escenografías, teatriños, elementos técnicos, iluminación, son, etc.
Expuxo as maquetas etnográficas por distintos puntos de España (León, Madrid, Asturias, Galicia e Guadalaxara), impartiu cursos sobre construción de títeres e marionetas dirixidos a nenos e tamén a profesionais do ensino, realizou elementos publicitario e escenográficos en goma espuma para as compañías teatrais asturianas Quikilimon e Margen e restaurou os xigantes e cabezudos do Concello de Vegadeo (Asturias).
Comezou a traballa-la madeira cunha serie de 30 taraceas con motivos etnográficos e a restaurar e construír mobles de madeira. Colaborou co catedrático da Universidade de Oviedo J. María Legazpi, aportando ideas para o seu libro editado por Caja Asturias en 1991.
Entre 1995 e 2002 céntrase na creación e elaboración de pezas artísticas e decorativas en madeira e outros materiais. Colaborou co pintor-escultor Alfonso Costa realizando o deseño do trofeo para o certame literario Avilés de Taramancos (2002-2003), organizado polo Concello de Noia (Galicia) e tamén realizou os deseños dunha serie de dez esculturas en madeira e fibra de vidro para a súa exposición “A cor da Aire” (Sala Trebellar, A Coruña, novembro de 2002). No período 2003-2004 realizou unha serie de 8 maquetas etnográficas para a Casa Museo da Agua de Bres (Taramundi, Asturias). En 2005 restaurou os tres muíños da casa de turismo rural "Muíños do Castelo" en Narahio (A Coruña) e no 2006 fixo unha maqueta para o Museo de Construción Naval de Ferrol e restaurou unha talla da igrexa de Doroña (A Coruña).

Expuxo en Ribadeo (Lugo), Miño (A Coruña), Perbes (A Coruña), Vilarmaior (A Coruña), Galería Sargadelos (Ferrol), San Feliz de Torio (León), Tapia de Casariego (Asturias), Luarca (Asturias), Grandas de Salime (Asturias), Taramundi (Asturias), Xixón (Asturias), Pola de Siero (Asturias), La Robla (León), Trobajo del Cerecedo (León), San Andrés del Rabanedo (León), Molina de Aragón (Guadalaxara), Almazán (Soria), Ferrol (A Coruña), Pontedeume (A Coruña) e San Feliz de Torío (León).
Ten impartido cursos de construcción de títeres e escultura (1995-2002) e un curso de escultura no Concello de Vilarmaior (2003-2004, A Coruña).

 Outros datos de interese

Foi seleccionado no certame de artesanía "Antonio Fraguas" (2006, Deputación da Coruña), finalista e seleccionado pola Deputación da Coruña no certame de artesanía Antonio Fraguas (2003), participou en varios certames nacionais e internacionais de teatro de títeres, e os representan por moitos puntos de España (1984-1995) (Asturias, Galicia, Madrid, León, Soria e Guadalaxara).
Páxina web: www.antoniocarro.es