
CurrículumÉ licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación (Sección de Filosofía), Universidade de Santiago (1988). Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Filosofía e é doutor (Sobresaliente cum laude) en Socioloxía pola Universidade de Santiago (2001).
Desde 1995 é profesor titular de ensinanza secundaria (especialidade en Filosofía), actualmente está destinado no centro “IES Chano Piñeiro”. Impartiu en 2º de Bacharelato: Historia da Filosofía (común); Introdución á Socioloxía e á Ciencia Política (optativa) e en 1º de Bacharelato: Filosofía (común); Ética e Filosofía do Dereito (optativa) e en ESO: Ética (común).
Desde o ano 2007 é profesor asociado (Departamento de Socioloxía, Facultade de Ciencias Políticas e da Administración, Universidade de Santiago) e impartiu as seguintes materias no curso 2007-2008: Socioloxía Xeral: Licenciatura en Historia (2º curso); Estrutura Social Contemporánea: Licenciatura en Ciencias Políticas (3º curso).
Obras realizadasACTIVIDADE PROFESIONAL E DOCENTE ANTERIOR
Foi colaborador no xornal “El Correo Gallego” (1991-1992), coordinador da revista “Boletín Informativo da Consellería de Xuventude” (Xunta de Galicia, 1992), profesor interino de Filosofía de ensinanzas medias (1992-1995), profesor titular de Filosofía de secundaria (1995-2007) y profesor titor do CAP (Curso de Aptitude Pedagóxica) de Filosofía (2001-2002) no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.
Ten publicado os seguintes libros: “Imaginarios sociales y crítica ideológica”, Servizo de publicacións e intercambio científico da USC (2002); “Michel Maffesoli. Un Pensamiento nómada”, Baia Edicións (Colección Pensamento), A Coruña (2004) e “Pouvoir et imaginaires sociales, L’ Harmattan”, París, 2006 (Pendente de publicación, Facultade de Filosofía da USC).
Ademais, participou como colaborador noutros libros, entre os que podemos destacar: “Michel Maffesoli. La Pasión pour le quotidien” (Colaboración en libro dedicado á obra de Michel Maffesoli) “En dérive autour de L’oeuvre de Michel Maffesoli”, L’Harmattan, París (2004); “Proyectar imaginarios”, Instituto de estudios en comunicación e cultura (IECO) Universidade de Colombia; “Cornelius Castoriadis. La autoinstitución de la Sociedad”, Bos Aires, Biblos (2008), “Palimpsesto de la Posmodernidad” (Pendente de publicación) Colexio de México, Porrua Editores (2008) e “Las Posibilidades de los imaginarios sociales”, Universidade de Santiago (2008).
Publicou gran cantidade de artigos e reseñas en revistas nacionais e internacionais e escribiu o prefacio do libro “Baruch Spinoza”, Javier Turnes, Baía Edicións (Col. Pensamento) A Coruña (2006) e publicou “A noción de imaxinario social”, Vieiros/ Asociación Internacional de Estudios Galegos (Nº 9, 2001).
Tamén traduciu “El imaginario social” de Michel Maffesoli (con Olga Elwes), Anthropos, Barcelona, 2003, nº 198 e realizou estancias como investigador en centros estranxeiros en 2002 e 2004.
Traballou nas seguintes liñas de investigación: “Escuela de Frankfurt (Habermas y la teoría crítica)”, doutorando do Dpto. de Filosofía e Antropoloxía Social, USC (1996-98) e “Imaginarios sociales”, colaborador externo do Grupo Compostela de Estudio sobre Imaxinarios Sociais (Dpto. de Socioloxía da USC (desde 1998). Ten presentado relatorios e comunicacións en congresos e simposios nacionais e internacionais e impartido conferencias e relatorios en Francia e en España.
Participou en cursos, congresos e seminarios da USC, da Universidade de Vigo, da Universidade da Coruña e da UNED, e en grupos de investigación da USC e da Université René Descartes París V.
Outros datos de intereseÉ membro do consello de redacción de “Roteiros. Arumes de pensamento crítico”, Santiago de Compostela, 3C3 Editores, 2005.
Foi entrevistado por Silvia Rozados (Facultade de Xornalismo) sobre imaxinación e imaxinario social para o “Xornal dixital” da Universidade de Santiago (2004) e polo suplemento cultural de El Correo Gallego con motivo da presentación do libro “Michel Maffesoli. Un pensamento nómada” (2005).
PREMIOS: Foi galardoado co “IX Premio San Viator de Investigación en Humanidades y Ciencias Sociales” como profesor orientador do traballo: “Aproximación Sociológica a los cambios significativos en la percepción social del rol femenino en la comarca de Terra de Montes. Introducción a la Sociología y Ciencia Política”, 2º de Bacharelato, “IES Forcarei”.
IDIOMAS: Certificación de nivel medio de inglés (Instituto de Idiomas da USC), inglés lido e certificación de nivel medio de francés (Alianza francesa), francés lido e falado.