Andrés Precedo Ledo


Categoría: Catedrático de Xeografía
Data de Nacemento: 14 de outubro de 1943
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Profesor mercantil, licenciado en Filosofía e Letras e Doutor en Historia. Foi profesor de Xeografía Económica e de Urbanismo nas Universidades de Navarra e Barcelona e é Catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Santiago de Compostela. É membro da Asociación Internacional de Planificadores Rexionais e Urbanos, da Asociación Internacional de urbanistas e do Grupo NUREC (Network Urban Research European Community). Dentro da Unión Xeográfica Internacional, formou parte de varias comisións relacionadas cos sistemas urbanos, o desenvolvemento rexional e a localización industrial. É membro do Instituto de Estudios Económicos de Galicia "Pedro Barrié de la Maza". Publicou, como autor ou en colaboración, 49 libros relacionados coa demografía, o desenvolvemento local, o urbanismo, a planificación estratéxica urbana e rexional e a ordenación do territorio; e máis de 200 artigos de investigación en diferentes países. Así mesmo, colabora en varios proxectos europeos para o desenvolvemento das rexións e as redes de cidades e é conferenciante internacional sobre estes mesmos temas. É director do Máster en Desenvolvemento Local que desde 1997 organiza a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

 Obras realizadas

En 1990 incorporouse á Xunta de Galicia para deseñar e impulsa-lo Plan de Desenvolvemento Comarcal de Galicia (PDC), modelo que mereceu o recoñecemento de numerosos organismos internacionais (Consello de Europa e outras organizacións latinoamericanas). Fixo o Mapa Comarcal de Galicia, o Sistema de información Xeográfica de Galicia e os Centros Comarcais. En 1991, foi nomeado Director do Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial da Presidencia da Xunta de Galicia. Actualmente, é Secretario Xeral de Planificación e Desenvolvemento Comarcal de Galicia, así como Conselleiro Delegado da Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia.

 Outros datos de interese

Entre a súa producción científica hai que destaca-la serie sobre as cidades galegas que publica a Fundación Caixa Galicia, ademais dun bo número de libros sobre desenvolvemento e planificación do territorio. Por outra parte, a súa actividade investigadora na xeografía urbana, a planificación do territorio e o desenvolvemento local plásmanse en numerosas relatorios presentados en congresos internacionais.