Ambrosio Lameiro Docampo


Categoría: Empresario
Data de Nacemento: 20/08/1958
Lugar de Nacemento: Vilagarcía de Arousa, Pontevedra
Teléfono Móbil: 699 443 325
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, diplomado en Asesoría Laboral, máster en Dirección de Recursos Humanos (Instituto de Empresa) e titulado superior en Prevención de Riscos Laborais.
 
Asistiu a cursos e congresos nacionais e internacionais, e impartiu cursos, seminarios e conferencias sobre temas de xestión de empresas en xeral e de recursos humanos en particular.
 
Foi director e nalgún caso socio de importantes empresas nacionais, como Riu Hoteles, Blau Hoteles, Grupo El Árbol de Distribución, Canarias Quality Group, etc.
 
Actualmente é empresario e propietario de empresas do mundo do reciclado, a construción e o catering.
 
 

 Obras realizadas

Profesor na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria.
Membro das mesas de negociación de grandes convenios estatais.
Primeiro Premio á Mellor Xestión Estratéxica de Recursos Humanos (nacional).
Oficial da Armada Española.
Ilustre Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago.
Membro activo de numerosas organizacións benéficas e de axuda aos necesitados (Amigos de Galicia, etc.)