Alberte Ansede Estraviz


Categoría: Profesor Agregado de Filosofía no Ensino Secundario
Data de Nacemento: 3 de setembro de 1957
Lugar de Nacemento: Vilasantar (A Coruña)
 Currículum

Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago, na rama de Pedagoxía con dúas especialidades: Orientación Educativa e Administración Educativa.

 Obras realizadas

Outros méritos académicos
Desde 1988 ata 2001 foi Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
No curso 1985-86 foi bolseiro en Lisboa co patrocinio da Dirección Xeral de Relacións Culturais do Ministerio de Asuntos Exteriores español.
Foi director das Xornadas do Ensino de Galiza entre 1989 e 2001. Estas Xornadas desenvólvense anualmente durante unha semana na cidade da Coruña e van destinadas ao profesorado non universitario.
Foi membro do Comité Organizador de diversos congresos e Simposios entre os que destacan o I Simposio Internacional de Linguas Europeas e Lexislacións (Santiago de Compostela 1992), Castelao na Galiza do s. XX (A Coruña, 1999) Castelao. Co Pensamento en Galiza (Pontevedra, 2000) e Simposio Internacional de Linguas sen normalizar (Pontevedra, 2001).
Coautor do libro "Eduardo Blanco Amor. Álbum de literatura" e do libro de texto para o ensino de Filosofía no primeiro curso de bacharelato.
Coordinador editorial de máis dunha vintena de libros en galego para o ensino non universitario.
Coordinador do proxecto "Enciclopedia - Antoloxía da literatura galega" desenrolado en tres anualidades (de 1995-98) que supuxo a edición de 50 libros representativos da literatura galega, acompañados doutros tantos fascículos que constituíron unha historia da literatura galega. Este proxecto recibiu a axuda da Comisión das Comunidades.

 Outros datos de interese

A nivel político: Membro do Consello Nacional do Bloque Nacionalista Galego desde o ano 2001. Actualmente é membro da executiva nacional do BNG, ocupando a responsabilidade de Secretario Nacional de Organización.