Despois de face-lo bacharelato en Lugo comezou a carreira militar, aínda que logo a deixou para dedicarse ó xornalismo. Entre os xornais nos que traballou destacan “El Regional", "Galicia Moderna","Galicia Liberal", "La República", "El Combate", etc. Tivo que exiliarse a Portugal en 1886 por un intento de sublevación. En Lisboa traballou nos xornais "El Galleguito", "España", "A sentinela da Fronteira", etc. Marchou a Francia en 1887 e regresou ó ano seguinte a Portugal. En 1889 foi amnistiado e regresou a Galicia, concretamente a Betanzos, onde colaborou en distintos xornais. Despois viviu na Coruña e máis tarde regresou a Arxentina onde seguiu traballando como xornalista. En 1893 trasladouse a Montevideo (Uruguai), onde residiu ata 1904, aínda que estivo tres anos en Bos Aires.
Entre os libros que publicou destacan: Socialismo y librepensamiento, editado en Montevideo; Mesa revuelta; El país del prodigio; La masonería. Su pasado, su presente y su futuro; Nuevos rumbos educacionales; La democracia portuguesa, Ecos de combate, etc. Deu multitude de conferencias en Europa e Sudamérica.
En Betanzos foi presidente do Ateneo Obreiro, do Centro Republicano Federal e do Orfeón Eslava.