Recibiu no Colexio Francisco Franco de Bergantiños o seu primer premio de Pintura de Acuarela ós doce anos, e desde entón sempre lle gustou plasmar as súas vivencias mediante o debuxo. Ó comezo do ano 1998 céntrase na obra dixital, onde plasma o espírito da súa terra por medio de símbolos e a abstracción.
1997. Exposición Kardiskiana. Auditorio municipal de Caldas de Reis (Pontevedra). 2007. Exposición permanente en "Artistas del mundo". Exposición conxunta dentro do Programa cultural 2007/8 de AACA (Asociación Artística Cultural Acrílica): "A Paisaxe galega e a Arte Celta". Sala de Arte de Qúbika, Carballo de Bergantiños (A Coruña). Exposición conxunta dentro do Programa cultural outono 2007 de AACA (Asociación Artística Cultural Acrílica): "A Cultura castreña e a Arte Celta". Sala de Exposicións do Centro Cívico Cultural do Concello de Arteixo (A Coruña). 2008. Monitora no deseño en 3D nos cursos impartidos na sede galega da Asociación Artística Cultural Acrílica, en Arte do 3D con Bryce e Poser. 2009. Exposición intercontinental “Vivencias” da (Asociación Artística Cultural Acrílica). Pazo da Cultura de Carballo (A Coruña). Ten exposición permanente da súa obra en: www.artistasdelatierra.com Seleccionada para o III Premio Orola 2009, un dos 150 autores de Vivencias coa vivencia "El Pantomino". 2010 Seleccionada para o Libro 100 Abrandares Galegas Artistas Emerxentes, Xunta de Galicia - Artista Dixital (Deseño3d). 2010. Seleccionada para o Libro 100 Mulleres Galegas Artistas Emerxentes, Xunta de Galicia Artista Digital (diseño3d). 2010. Seleccionada para o IV Premio Orola 2010, un dos 150 autores de Vivencias coa vivencia A Amizade. 2011. Concurso de publicidade antisexista “Iguais” da Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá do Concello da Coruña.
Na actualidade dedícase á formación como monitora no deseño en 3D nos cursos impartidos na sede galega da Asociación Artística Cultural Acrílica: www.acrilica.es Ten exposición permanente da súa obra en: www.artistasdelatierra.com e na súa web: www.acrilica.es/abraixas.