Xosé Estévez Rodríguez


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 29 de agosto de 1943
Lugar de Nacemento: Quiroga (Lugo)
 Currículum

-Diplomado en Estudios Eclesiásticos. -Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade Complutense de Madrid. -Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade Deusto, da que é profesor de Historia Moderna desde 1973, de Historia Moderna e Contemporánea do País Vasco desde 1993, de Nacionalismos e Rexionalismos desde 1995, de Sociedade e Cultura na España Contemporánea desde 1999 e de Historia da España Actual tamén desde 1999. -Desde o ano 1973, en que recalou no País Vasco, exerce tamén a docencia como profesor titular de FP-2 e de Bacharel LOGSE no Centro Nazaret, da Fundación Kutxa.

 Obras realizadas

Publicacións Individuais: -De la triple Alianza al Pacto de San Sebastián (1923-1930), Antecedentes del Galeuzca, Impenitencias Galeuzcanas, Antología del Galeuzca en el exilio (1939-1960), Galeuzca, Galiziako Historia. Finisterrako Oroimena, Historia Moderna de Euskal Herría II. Del hierro al roble. É coautor dunha quincena de libros e autor de numerosos artigos sobre o Galeuzca, os nacionalismos peninsulares, o nacionalismo vasco, historia do País Vasco, a emigración galega e a historia, literatura e etnografía de Galicia. Publicou frecuentes artigos nos diarios Egin e Gara. Colaborador en galego do diario Deia e escribe artigos no semanario galego A Nosa Terra e nas revistas: Mundaiz, Muga, A Trabe de Ouro, Sancho el Sabio e R.I.E.V. Socio de número da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País, así como das Fundacións Castelao e Alexandre Bóveda. Creador, en 1992 da Cátedra de Estudios Galegos da Universidade de Deusto, pronunciou numerosas conferencias nos Centros Galegos de Euskal Herria.

 Outros datos de interese

-Preside a Asociación Cultural Daniel Castelao. - Os Centros Galegos de Euskal Herria distinguirono coa Andoriña de Prata. -En 1999 recibiu o pedrón de Honra polo seu labor de difusión da cultura galega en Eukal Herria.